Contacto | Tel.:986 88 03 00

A alcaldesa mantén unha reunión de coordinación coa Policía Nacional e coa Policía Local

A alcaldesa, María Ramallo, reuniuse co inspector xefe da Comisaría da Policía Nacional en Marín, Esteban Pinilla, e co xefe da Policía Local, Benigno Blanco, co obxectivo de facer balance do traballo que están a realizar os corpos de seguridade no marco da crise sanitaria polo Covid 19.

Tal e como explicou a alcaldesa ao rematar o encontro, “é necesario incidir en determinados aspectos para facer cumprir as medidas que a día de hoxe están vixentes, intensificando así a seguridade, a vixilancia e a protección cidadá”.

De maneira xeral, Ramallo e os corpos de seguridade aseguran que a poboación marinense está cumprindo cas restricións de maneira razoable. “Son casos puntuais os que obrigaron á Policía a actuar ca capacidade sancionadora que teñen nestes momentos”, aseguran.

Entre os dous corpos de seguridade, no tempo que leva vixente o estado de alarma interpuxéronse cerca de 70 actas de denuncias administrativas, que acabarán converténdose en sancións económicas de “como mínimo 600 euros cada unha”. Para evitar que este número continúe aumentando, Policía Nacional e Local acordaron intensificar os controis e a vixilancia, poñendo especial atención en dúas cuestións:

1.- Saídas cos cans á rúa:

Segundo se expuxo na reunión desta mañá, unha das cuestións que máis se detectan é a utilización da exención do paseo das mascotas como escusa para que saian á rúa todos os membros dunha mesma familia.

“É unha queixa reiterada, polo que se extremarán as restricións”, asegurou a alcaldesa, que recorda que o paseo debe facerse no entorno estritamente cercano ao domicilio e coa frecuencia lóxica en función das necesidades do animal, sen caer no exceso buscando unha forma de saír da casa.

2.- Saídas ao supermercado:

Outra queixa constante que fixeron os axentes son as viaxes, “moitas veces de maneira innecesaria”, que realizan as persoas para realizar as compras no supermercado, polo que se comezarán a controlar os accesos a estas superficies.

“Isto provoca ralentización nas colas das caixas e, por ende, tensión co persoal que necesariamente ten que estar alí”, sostén Ramallo. “É importante planificar as compras, acudir as menos veces posibles, sen que diversos membros da familia, varias veces ao día, fagan saídas para este cometido”

Por outra banda, a alcaldesa quixo destacar a “excelente coordinación e colaboración” que se está a dar entre os dous corpos de seguridade” e engadiu que esta intensificación do control policial unicamente responde á necesidade de “ser máis eficaces no cumprimento das medidas esixidas”.

Tal e como xa se viu informando nos últimos días, ao labor desempeñado pola Policía Nacional e a Local sumouse en dúas ocasións o reforzo dos efectivos da Brilat, “cos que poderemos seguir contando aqueles días que se lles asigne a súa presenza na nosa vila”.
A alcaldesa alentou aos axentes para que sigan realizando todo este traballo, “que é positivo e eficaz”, e agradeceu “á maioría da poboación” que estean a cumprir co establecido nesta complicadísima situación.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies