A cuarta fase das obras do colector da Avenida de Ourense, executada nun 75%

A cuarta fase das obras do colector da Avenida de Ourense, executada nun 75%

A cuarta fase da obra de saneamento da Avenida de Ourense, correspondente ca construción do depósito de retención e que se iniciou a mediados do pasado maio, xa se atopa executada nun 75%. Esta actuación, unha das máis importantes que está levándose a cabo na vila marinense, enmárcase dentro do Plan de Saneamento da Ría de Augas de Galicia e ten como obxectivo final reducir os vertidos ao mar.

A empresa Copcisa, executora dos traballos, xa rematou con todas as tarefas de canalizacións e a estructura do tanque está no 40% do proceso construtivo. Unha vez quede finalizada esta parte, será o momento de pechar de novo a avenida e instalar unha caseta, desde a que se manexarán os equipos hidráulicos que traballarán dentro do tanque e que permitirán reducir o caudal que chega á depuradora de Placeres.

O tipo de estrutura que ten o tanque supuxo a aplicación dunha serie de solucións técnicas “moi meritorias”, afirman desde a empresa, chegando a crear un talud vertical cunha profundadide de excavación máxima de oito metros, é dicir, chegando a baixar un 10% desde a superficie.
Ademais do restante desta cuarta fase, o único que queda para rematar a obra e crear un enganche que servirá para cambiar a rede de saneamento vella pola nova, algo que non se pode facer ata o último momento por razóns técnicas.

O presuposto global que se investiu neste proxecto, necesario para mellorar o ecosistema fluvial pontevedrés, é de 1.802.130,15 € (sin IVA).

Anterior O centro terapéutico de Briz para as persoas con Alzheimer comezará a súa actividade o 18 de novembro

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados