A Papanoelada moteira percorrerá a vila marinense o próximo domingo

A Papanoelada moteira percorrerá a vila marinense o próximo domingo

O próximo domingo, día 22 de decembro, a vila marinense volverá acoller a xa famosa Papanoelada moteira, na que a asociación Moteros Solidarios de Pontevedra repartirán caramelos entre os nenos, nenas e adultos que se vaian atopando no seu traxecto.
Membros do colectivo presentaron a Papanoelada no Concello, xunto co concelleiro Manuel Santos. O percorrido da mesma será por Seixo, Pardavila e outras parroquias durante a mañá do domingo, finalizando ás 14.00 horas na Alameda de Marín.
Desde a asociación destacan que esta iniciativa congrega cada ano “a máis e máis xente”. “Trátase dunha actividade moi especial polo seu carácter solidario e pedimos á xente que asista que vaia disfrazado na moto e que entreguen alimentos non perecedeiros”, engaden. Esta recollida de alimentos irá destinada á asociación solidaria Sor Elvira.

Anterior Consulta a programación do Nadal en Marín

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados