A Semana da Solidariedade conseguiu unha tonelada de alimentos para repartir entre as ONGs

A Semana da Solidariedade conseguiu unha tonelada de alimentos para repartir entre as ONGs

29/12/2020

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, acompañou aos representantes das ONGs na clasificación e reparto da tonelada de alimentos que se conseguiu recadar durante a Semana da Solidariedade, unha iniciativa municipal que se desenvolveu entre o 14 e o 17 de decembro cos centros educativos da vila.

O obxectivo era o de poder aglutinar alimentos non perecedoiros, produtos típicos de Nadal e produtos de limpeza e hixiene persoal (que é o que máis demandan as ONGs) para poder repartilos equitativamente entre as familias usuarias destes colectivos sociais, para que así estas festas sexan o máis igualitarias posibles.

A concelleira agradeceu en nome de todo o Concello “a colaboración de todo o alumnado que quixo poñer o seu grao de area nesta semana solidaria, así como das propias directivas dos centros pola coordinación co Concello para levar a cabo esta recollida dun xeito algo distinto a outros anos debido ás restricións sanitarias”.

Tal e como explicou a edil, a esta tonelada do recollido é preciso sumar todo o que recolleu de xeito individual o CEIP A Inmaculada, que irá íntegro ao Comedor Social.

Anterior O Concello incentivou a posta en activo de persoas desempregadas durante os últimos seis meses coa contratación de 10 peóns e 3 conserxes

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados