Contacto | Tel.:986 88 03 00

Adxudicada a segunda fase das obras de humanización de Concepción Arenal

A Xunta de Goberno local aprobou recentemente a adxudicación da segunda fase das obras de humanización da rúa Concepción Arenal, no tramo que vai desde a Rotonda das Anclas á rúa José Trasande. Esta adxudicación chega coa primeira fase do proxecto practicamente finalizada, dado que a pasada semana os operarios estiveron rematando cas labores de pavimentación da estrada.

A empresa que se encargará de levar a cabo a segunda fase é Oresa SL. O custe global da actuación será de 653.423 euros e, tal e como sucedeu ca primeira fase, contarase co financiamento da Axencia Galega de Infraestruturas, depende da Consellería de Infraestruturas da Xunta de Galicia.

O prazo de execución dos traballos será de seis meses, a contar desde a comprobación do replanteo.

O Concello considera moi importante o desenvolvemento deste proxecto, dada a situación tan central no núcleo urbano que ten esta rúa e pola importancia de desconxestionar a carga de tráfico diaria que soporta, mellorando o ancho dos carrís, e mellorando o espazo público dos peóns, gañando tamén metros para as beirarrúas. Isto conseguise ca supresión dunha das liñas de aparcadoiros.

O obxectivo tamén é o de mellorar a parte interna, é dicir, todo o que ten que ver cos sistemas de abastecementos, que xa se atopaban nun estado de conservación malo, debido ao paso do tempo, e que xeraban moitos problemas de avarías.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies