Apagado un incendio producido en Concepción Areal esta noite

A Policía Local informou esta mañá do incendio que se rexistrou na madrugada á altura de número 129 da rúa Concepción Areal. Segundo fontes do corpo de seguridade local, recibiuse un aviso por parte do 112 ás 03.45 horas, momento no que foi desprazada unha patrulla da Policía Local ata o lugar do sinistro.

Os axentes atopáronse cun forte conato de incendio iniciado moi preto dunha illa de colectores. Despois de dar aviso aos Bombeiros do Morrazo, os policías locais conseguiron rebaixar a forza das lapas e arrefriar o espazo para evitar que prendese un colector de aceite grazas a una mangueira que conectaron cunha toma de auga municipal.

Grazas á rápida actuación dos axentes, foi posible evitar que o incendio avanzase e aumentase a súa intensidade, podendo causar aínda máis desfeita. Os bombeiros chegaron cerca das 04.13 horas e deron por extinguido o incendio.

Déronse danos na fachada do inmoble e dous vehículos estacionados na calzada resultaron afectados, pero afortunadamente só houbo que lamentar danos materiais. Tamén se contou coa colaboración da Policía Nacional.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies