As Ampas dos centros educativos de Marín celebrarán por terceiro ano o seu Mercado MiniNadal

As Ampas dos centros educativos de Marín celebrarán por terceiro ano o seu Mercado MiniNadal

As asociacións de nais e pais dos centros educativos de Marín volven unir forzas este ano para organizar a terceira edición do Mercado MiniNadal, unha iniciativa que se suma á programación navideña que terá a vila durante o mes de decembro e que procura darlle visibilidade á labor das Ampas, que recadarán fondos para as actividades que organizan ao longo do ano, incluíndo as viaxes de fin de curso do alumnado.

O mercadiño colocarase na Alameda de Rosalía de Castro o día 13 de decembro, de 17.00 a 21.00 horas e nel poderán atoparse todo tipo de produtos, desde elementos decorativos típicos desta época do ano ata doces elaborados polos propios membros das Ampas, pasando por artesanía ou manualidades.

A concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, reuniuse con representantes das asociacións de pais e nais de todos os centros educativos para perfilar os detalles e as necesidades de cara á organización do mercadiño, que aspira a colleitar o mesmo éxito que as últimas dúas edicións.

Anterior Recta final das obras de humanización da Rúa do Tombo

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados