As Blanco Freijeiro arrancan a súa edición máis especial, poñendo en valor o patrimonio e a arqueoloxíaAs Blanco Freijeiro arrancan a súa edición máis especial, poñendo en valor o patrimonio e a arqueoloxía

27 setembro 2021

 Desde hoxe, os amantes da Historia adicarán un par de horas desde hoxe e ata o venres para falar de arte, de patrimonio e de arqueoloxía e todo en base á figura de Antonio Blanco Freijeiro. As xornadas que levan o seu nome e que cumpren 20 anos arrancaron esta nova edición hoxe ás 20.00 horas na Biblioteca.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, encargouse de inaugurar as xornadas, explicando que se trata “dunha edición moi especial, porque vimos de aprobar o nomeamento de Blanco Freijeiro como fillo predilecto da nosa vila e grazas aos relatorios que iremos escoitando estes días aínda coñeceremos un pouco máis de preto a súa figura”.

Na súa intervención, Rodríguez quixo destacar tamén a importancia de que un evento centrado na arqueoloxía e no arte “cumpra 20 edicións sen interrupción na súa celebración, que siga atraendo cada ano a máis xente que segue as conferencias, nun momento no que poderíamos pensar que as iniciativas culturais teñen menos seguemento”.

Desde o Concello, engadiu a edil, “seguirase non só apoiando e promocionando etas xornadas, senón tamén realizaremos accións encamiñadas a achegar a figura de Freijeiro á cidadanía”. De feito, haberá pronto anuncios sobre os actos que se celebrarán de maneira pública o seu nomeamento como fillo predilecto.

Un marinense universal

O catedrático de Historia da Arte, Carlos Valle Pérez, foi o encargado de abrir as conferencias en torno á traxectoria vital e laboral de Freijeiro, ao que definiu como un “marinense universal”. O historiador centrou a sua exposición no traballo realizado polo noso arqueólogo entre os anos 1923 e 1991.

Mañá, tamén ás 20.00 horas, será a quenda da profesora titular de Historia da Arte da USC, Fátima Díez, que falará da mirada escrutadora que tiña Freijeiro sobre o arte grego.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies