As Xornadas Blanco Freijeiro máis especiais serán do 22 ao 28 de novembro

As Xornadas Blanco Freijeiro máis especiais serán do 22 ao 28 de novembro

15 novembro 2021

O arqueólogo e estudoso Antonio Blanco Freijeiro xa é oficialmente fillo predilecto da nosa vila e por iso a próxima edición das xornadas que levan o seu nome son máis especiais ca nunca. Unhas xorndas que, ademais, cumpren o seu 20 aniversario e que se celebrarán na Biblioteca do 22 ao 28 de novembro.

A concelleira de Cultura, Beatriz Rodríguez, presentou esta mañá a programación das xornadas, acompañada de Juan Castro, de Anta de Moura, e da sobriña de Freijeiro, María Sancho. A propia traxectoria laboral e investigadora desta figura marinense será o tema principal das xornadas, que contarán con relatores que coñeceron persoalmente ao arqueólogo.

O luns 22 será a presentación oficial, coa entrega da documentación aos inscritos ás 20.00 horas, para iniciar, media hora despois, a inauguración a cargo da concelleira. Ese mesmo día, ás 21.00 horas, abrirá as conferencias o doutor en Historia da Arte, Carlos Valle Pérez, coa súa ponencia “Antonio Blanco Freijeiro (1923-1991). Un marinense universal”.

O martes 23, ás 20.00 horas, será a quenda de Fátima Díez Platas, profesora titular de Historia da Arte da USC, que revisará a “mirada escrutadora” que tiña Blanco Freijero do arte grego.

A ponencia do profesor de Investigación no Instituto de Histora do CSIC de Madrid, Franciso Javier Sánchez-Palencia, será a protagonista do mércores 24, ás 20.00 horas, e falará de “El oro de Asturias y de Galaecia y Lusitania”.

O xoves 25, ás 20.00 horas, o director do Museo de Bellas Artes da Real Academia de San Fernando, en Madrid, José María Luzón Nogué, que centrará a súa conferencia na súa experiencia con Blanco Freijeiro en Roma.

As intervencións rematarán o venres 26 ás 20.00 horas da man da catedrática emérita de Arqueoloxía da Universidade de Sevilla, María del Pilar León-Castro, coa ponencia “Antonio Blanco, Itálica y Adriano”. Ás 21.00 horas, será a alcaldesa María Ramallo a encargada de clausurar as xornadas e facer a entrega de diplomas.

Visita á Lanzada

Tal e como vén sendo habitual nas xornadas, haberá un día extra no que se organizará unha excursión. Será o domingo 28 ao xacemento arqueolóxico da Lanzada e contaremos como guía-relator co arqueólogo da Deputación de Pontevedra, Rafael Rodríguez Martínez, que irá tras os pasos de Blanco Freijeiro neste enclave, coñecido como “O Confín occidental da Terra do Salnés”.

Inscrición

O prazo de inscrición xa está aberto, é gratuíto e pode realizarse a través do email xornadas.blanco.freijeiro.marin@gmail.com

Anterior As Anpas dos centros educativos de Marín, en colaboración co Concello, organizan o Mini Mercado de Nadal

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados