Avanza o expediente para nomear fillo predilecto a Blanco Freijeiro

Avanza o expediente para nomear fillo predilecto a Blanco Freijeiro

29 setembro 2021

 O nomeamento de Antonio Blanco Freijeiro segue o seu camiño para poder homenaxear como merece o legado deste estudoso marinense imprescindible.

A concelleira de Cultura e instructora do expediente, Beatriz Rodríguez, mantivo unha reunión esta mañá co presidente do Club de Opinión Portocelo, Ángel García Carragal, como entidade promotora da iniciativa, co apoio dunha ampla representación do asociacionismo cultural marinense.

Nesta reunión, a concelleira e o presidente do colectivo puxeron en común as achegas sobre a vida e a traxectoria académica e investigadora de Blanco Freijeiro, para poder encher de contido o expediente co que se oficializará o seu nomeamento como fillo predilecto da nosa vila.

A concelleira recordou que despois deste proceso, o expediente pasará a exposición pública. Colgarase na web do Concello e no panel informativo nas dependencias municipais para “abrir este proceso á veciñanza”, de tal xeito que poidan aportar datos ou cuestións que se consideren de relevancia para completar ao máximo o puzzle de recoñecementos, traballos e méritos que acumulou Blanco Freijeiro ao longo da súa vida.

O obxectivo é poder aprobar definitivamente o nomeamento no Pleno de novembro, antes de que se celebre unha nova edición das Xornadas Blanco Freijeiro, que servirán de marco para todos os actos e accións que se levarán a cabo para promocionar e alentar o nomeamento.

 

Anterior Normas utilización Locais Municipais e Instalacións Deportivas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados