Avanzan os traballos de desbroce da primera zona marcada no mapa de actuacións

7 abril 2021

O concelleiro de Medio Rural, Pablo Novas, supervisou esta mañá o avance dos traballos de desbroce que se están a realizar no rural, da man da Fundación Juan XXIII. Tal e como explicou o edil, os operarios están actuando na primeira zona e xa van “moi adiantados”.

Nesta primeira fase, actuarase nos camiños de PEDREIRAS, A ESTIVADA, AREALONGA, PITUCO, CAÑOTA, PITANXO, A LAXE, O CARRAGAL, CASAL, BRAVOS, VIÑAS BRANCAS, A RAÑA, OUTEIRO.

O resto de fases iranse facendo ao longo dos vindeiros meses. A planificación dos traballos responde a criterios de necesidade, considerando o calendario festivo da localidade, a tempada alta de praias e a prevención de incendios. Co fin de facilitar a comprensión do calendario de intervencións o Concello porá a disposición esta  información na súa páxina web cando estea elaborada.

Ademais dos traballos de roza manual e dos traballos co tractor municipal, o Concello contrata os traballos de roza mecánica en todos os viarios de titularidade municipal, debido ao crecemento rápido da vexetación na época primaveral e para garantir a seguridade viaria.

O mapa co resto de zonas pode consultarse na web municipal.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies