Contacto | Tel.:986 88 03 00

Outras Axudas

Existen outro tipo de axudas fora da ARI para vivendas e edificios?

CONVOCATORIAS ABERTAS:

-INSTITUTO GALEGO DE VIVENDA E SOLO (IGVS)

  1. PREE – PROGRAMA DE REHABILITACIÓN ENERXÉTICA DE EDIFICIOS – DOG nº 225 do venres 6 de novembro de 2020 no que se publica a Resolución do 4 de novembro de 2020 pola que se convoca o Programa de axudas para actuacións de rehabilitación enerxética en edificios existentes, con carácter plurianual (código de procedemento VI406C):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20201106/AnuncioC3Q2-291020-0002_gl.html

DIRIXIDO A:

  • Opción A: Edificios completos de tipoloxía residencial unifamiliar e colectiva
  • Opción B: Vivendas ou locais situados en edificios

BENEFICIARIOS: Comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades de propietarios, persoas físicas e persoas propietarias que de forma agrupada sexan propietarias de edificios que reúnan os requisitos establecidos no artigo 396 do Código civil e non outorgasen o título constitutivo de propiedade horizontal

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES:

  • Tipoloxía 1: Mellora da eficiencia enerxética da envolvente térmica
  • Tipoloxía 2: Mellora da eficiencia enerxética e uso de enerxías renovables nas instalacións térmicas de calefacción, climatización, refrixeración, ventilación e auga quente sanitaria
  • Tipoloxía 3: Mellora da eficiencia enerxética das instalacións de iluminación

CONDICIÓNS PARTICULARES:

  • Edificios construídos con anterioridade a 2007
  • Que, polo menos, o 70% da superficie construída sobre rasante teña uso residencial
  • Serán inadmitidas as solicitudes que no momento da súa presentación non aporten os documentos sinalados nas letras c), d), e), h), i) e j) do punto Noveno.1
  • Non serán elixibles aquelas actuacións que non alcancen unha redución do consumo de enerxía final dun 10% e non melloren a cualificación enerxética nunha letra
  • Non serán elixibles as obras iniciadas con anterioridade á data de rexistro da solicitude de axudas, pero sí aqueles custos como proxectos, memorias técnicas, certificados, etc, sempre que se tivesen iniciado con posterioridade ao 07.08.2020
  • Certificado eficiencia enerxética previo deberá constar inscrito no RGEEE no momento da presentación da solicitude de axudas

CUSTO ELIXIBLE:

  • Os establecidos no punto 2 do Anexo IV do Real Decreto 737/2020 (BOE 06.08.2020)
  • Gastos de xestión da solicitude (límite do 4% da axuda solicitada e 3.000 €/expte)
  • Gastos de xestión da xustificación (límite do 7% da axuda solicitada e 7.000 €/expte)
  • IVE, sempre e cando non poida ser recuperado ou compensado total ou parcialmente

CONTÍA DAS AXUDAS:

  • Tipoloxía 1: 35% (opción A) e 25% (opción B), cun máximo de 6.000 €/vivenda
  • Tipoloxía 2: 35% (opción A) e 25% (opción B)
  • Tipoloxía 3: 15% (opción A e B)

PRAZO DE SOLICITUDES: Do 02.01.2021 ao 31.07.2021, salvo esgotamento de crédito (orzamento 5.500.000 €/anualidade 2021, 9.499.999 €/anualidade 2022, 1.938.443 €/anualidade 2023, total 16.938.442 €)

PRESENTACIÓN: Obrigatoriamente por medios electrónicos (https://sede.xunta.gal) segundo modelo normalizado Anexo I e documentación complementaria do punto Noveno, sendo dirixida ao Instituto Galego de Vivenda e Solo – IGVS

PRAZO EXECUCIÓN OBRAS: Ata o 30 de novembro de cada anualidade como máximo (2021-2022-2023)

 

  1. DOG nº 22 do 3 de febreiro de 2020 no que se publica a Resolución pola que se convocan para o ano 2020 as subvencións do Programa do bono de alugueiro social do Plan RehaVita 2015-2020:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200203/AnuncioC3Q2-140120-0003_gl.pdf

BENEFICIARIOS: Persoas integrantes de unidades familiares que, entre outras condicións, sexan titulares ou poidan selo dun contrato de aluguer e conten con ingresos non superiores a 1.5 veces o IPREM e que formen parte dos seguintes colectivos:

-as que precisen dunha axuda por unha demanda de desafiuzamento por non pagamento das rendas

-as vítimas de violencia de xénero con dificultades para asumir o custo das rendas e estean residindo nun centro de acollida adscrito a unha Administración pública

-aquelas con dificultades para asumir o custo do arrendamento e que foran privados da súa residencia habitual por danos sufridos derivados dunha circunstancia imprevisible e sobrevida (incendios, inundacións, etc.)

-as que xa foran beneficiarias do Plan Aluga e rematasen a axuda dentro dos seis meses anteriores á data de presentación desta solicitude

-as que lle rematase o seu contrato de aluguer dunha vivenda VPP titularidade do IGVS a partir da entrada en vigor da Orde do 18.12.2019 (DOG nº4 do 07.01.2019)

-as que non acaden o límite mínimo de ingresos dentro do Programa de Vivendas Baleiras e teñan proposta a adxudicación dunha vivenda dentro de dito programa

-as que foran residentes dunha vivenda propiedade dunha entidade financeira ou Sareb e rematasen o contrato de aluguer dentro dos seis meses anteriores á data de presentación desta solicitude

-mozos/as menores de idade tutelados pola Xunta de Galicia, unha vez acaden a maioría de idade e saian do réxime de tutela

-as que fosen privadas da súa vivenda habitual como consecuencia de procedementos xudiciais de execucións hipotecarias ou acordos extraxudiciais de venda ou dación en pagamento a entidades financeiras

CONCEPTO SUBVENCIONABLE: Financiamento parcial da renda mensual do aluguer, a cal non poderá superar os 400 euros (concello de Marín)

AXUDA: 200 euros/mes (concello de Marín) cun máximo de 12 bonos, susceptibles de dúas prórrogas ata acadar unha duración máxima de tres anos

PRAZO: Ata o 11 de decembro do 2020 ou esgotamento de crédito

PRESENTACIÓN: Preferentemente por vía electrónica (https://sede.xunta.gal ), con opción en soporte papel

  1. DOG nº 38 do 26 de febreiro de 2020 no que se publica a Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo IGVS para o ano 2020, entre elas, as subvencións do Programa Rehaluga, dirixidas ás persoas propietarias ou usufructuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras (código VI426C):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioC3Q2-070220-0001_gl.html

BASES REGULADORAS: Orde do 23 de decembro de 2019 publicada no DOG nº 8-14.01.2020

 

BENEFICIARIOS: Persoas físicas propietarias ou usufrutuarias das vivendas en trámite de incorporación no marco do Programa de vivendas baleiras no concello de Marín

CONCEPTO SUBVENCIONABLE: Obras de conservación, de mantemento, as precisas para garantir a habitabilidade da vivenda e axustes na súa distribución interior; todas elas deben estar recollidas no informe técnico municipal correspondente e deben estar rematadas no momento de solicitar estas axudas

AXUDA: 8.000 euros como máximo (o Ive non será subvencionable)

PRAZO: Ata o 10 de novembro de 2020 ou esgotamento de crédito

PRESENTACIÓN: Preferentemente por vía electrónica (https://sede.xunta.gal ), con opción en soporte papel

-INSTITUTO ENERXÉTICO DE GALICIA (INEGA)

PLAN RENOVE DE ELECTRODOMÉSTICOS E DOMÓTICA ENERXÉTICA ANO 2020

Os días 1 e 2 de xullo de 2020 iniciouse o prazo de presentación de solicitudes ao Plan Renove de Electrodomésticos e Domótica enerxética para o ano 2020 da Axencia Instituto Enerxético de Galicia-INEGA-.

O prazo estará aberto ata o vindeiro 30.09.2020 ou ata esgotar fondos.

Para máis información, consultar na seguinte ligazón:

http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/aforro/2020/ficha_aforro2020_0004.html

As solicitudes tramitaranse a través dalgunha das entidades colaboradoras que elixirá o comprador. Na páxina web do Inega poderá consultarse a listaxe de ditas entidades a través da seguinte ligazón:

https://appsinega.xunta.es/IN414B/consulta/

 

A información aos interesados estará dispoñible en:

-páxina web: www.inega.gal

-correo electrónico: inega.info@xunta.gal

-teléfono: 981 54 15 00

-presencialmente: na rúa Avelino Pousa Antelo, 5, San Lázaro, 15703 Santiago de Compostela

-PROGRAMA DE VIVENDAS BALEIRAS DO CONCELLO DE MARÍN

Publicouse no BOPPO do luns 20 de novembro de 2017 e no DOG do martes 12 de decembro de 2017 o “Anuncio das bases reguladoras do Programa de vivendas baleiras” no concello de Marín do que se adxunta ligazón:

http://www.boppo.depo.es/web/boppo/detalle/-/boppo/2017/11/20/2017047355

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2017/20171212/AnuncioL226-211117-0001_gl.html

Pode acceder ao contido das bases reguladoras e os seus anexos a través da sede electrónica do concello de Marín a través da seguinte ligazón:

https://sede.concellodemarin.es/index.php?id=tablon_anuncios

DIRIXIDO A:         -Propietarios de vivendas baleiras que a queiran poñer en aluguer

-Demandantes dunha vivenda no concello de Marín

GARANTÍAS PROPIETARIOS: Aboamento das pólizas correspondentes ás coberturas sinaladas na Cláusula Terceira do Convenio entre o IGVS e a Fegamp de data 3 de maio de 2016 (seguro multirrisco do fogar e seguro de garantía de cobro, asistencia e defensa xurídica ante impagos)

CONDICIÓNS PARTICULARES:

  • Propietarios: Compromiso de arrendar a vivenda por un prezo non superior a 300 euros (prezo segundo tasación informe técnico municipal) e durante un período de tres anos dende a sinatura do contrato de arrendamento
  • Demandantes: Ingresos entre 1-2.5 veces o IPREM; renda aluguer non superior ao 30% dos ingresos familiares; non ter ningunha vivenda en propiedade; dificultade para acceder vivenda en aluguer no concello; non ter parentesco coa persoa arrendadora; acreditación do grao de integración social; a pertenza a un dos colectivos prioritarios do artigo 10 das bases terán prioridade na adxudicación da vivenda

PRAZO: aberto de xeito permanente dende o 13 de decembro de 2017

LUGAR: As solicitudes tramitaranse na Oficina de Rehabilitación Municipal (rúa Méndez Núñez, 51, Entreplanta, Local 9)

Toda esta información tamén pode ser consultada no departamento municipal de Servizos Sociais (rúa A Costa, s/n – Finca de Briz) e na páxina web do concello de Marín a través da seguinte ligazón:

http://concellodemarin.es/concellerias/urbanismo-facenda-e-persoal/outras-axudas/

PLAN ESTATAL DE VIVENDA 2018-2021

Real Decreto 106/2018, de 9 de marzo, polo que se regula o Plan Estatal de Vivenda 2018-2021

https://www.boe.es/diario_boe/txt.php?id=BOE-A-2018-3358

Para a consecución dos seus obxetivos, o Plan Estatal 2018-2021 estrutúrase nos seguintes programas:

  1. Programa de subsidiación de préstamos convidos
  2. Programa de axuda ao aluguer de vivenda (Pechado. DOG nº 172 do 11/09/2019)
  3. Programa de axuda ás persoas en situación de desafiuzamento ou lanzamento da súa vivenda habitual
  4. Programa de fomento do parque de vivenda en aluguer
  5. Programa de fomento da mellora da eficiencia enerxética e sostibilidade en vivendas (Pechado.DOG nº 38 do 06/02/2020 e DOG nº 97 do 20/05/2020) :

DOG nº 38 do mércores 26 de febreiro de 2020 – Resolución do 6 de febreiro de 2020 pola que se convocan distintas liñas de subvencións para actuacións de rehabilitación xestionadas polo IGVS para o ano 2020, entre elas, as subvencións dos programas de “mellora da eficacia enerxética e sustentabilidade”, “fomento da conservación” e “mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade” do Plan estatal 2018-2021 (código VI422E):

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200226/AnuncioC3Q2-070220-0001_gl.html

DIRIXIDO A: Edificios de tipoloxía residencial rematados antes do 1 de xaneiro de 1996 (residencial unifamiliar, colectivo e vivendas situadas en edificios colectivos) que non tiveran iniciado as obras antes do 1 de xaneiro de 2020 nin rematadas antes do 26/02/2020, agás para aquelas solicitudes ao abeiro da convocatoria do 2019 que lles foran denegadas por esgotamento do orzamento; neste caso poderán ter iniciado as actuacións con posterioridade ao 1 de xaneiro de 2019 e poderán estar rematadas antes do 26/02/2020.

BENEFICIARIAS: Comunidades de propietarios, agrupacións de comunidades de propietarios, persoas físicas, agrupacións de persoas propietarias, sociedades cooperativas, empresas construtoras e persoas físicas arrendatarias

ACTUACIÓNS SUBVENCIONABLES: Obras de mellora da eficiencia enerxética da envolvente(aforro mín. 25%) e das instalacións, protección contra o ruído e mellora da salubridade (Liña A); obras de fomento da conservación en edificios e vivendas, obras de mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade (Liña B)

CONDICIÓNS PARTICULARES: Os edificios residenciais colectivos deben cumprir:

  • Que, polo menos, o 70% da superficie construída teña uso residencial vivenda
  • Que, polo menos, o 50% das vivendas estean ocupadas como residencial habitual
  • Que as actuacións conten co acordo da comunidade de propietarios

AXUDA: Unifamiliar:     Ata 12.000 € (Liña A) – 8.000 € (Liña B-accesibilidade) – 3.000 € (Liña B-conservación)*

Colectiva:         Ata 8.000 €/vivenda e 80 €/m2 local (Liña A-Liña B,agás conservación)*

Ata 3.000 €/vivenda e 30 €/m2 local (Liña B-conservación)*

*Contía máxima 40% do custo subvencionable (ata 75% en casos ingresos < 3 Iprem)     Ditas contías poden incrementarse en casos de discapacidade na unidade familiar

PRAZO SOLICITUDES: 1 mes, ata o 2 de xuño de 2020 (orzamento 1.900.000 €/anualidade 2020, 3.000.000 €/anualidade 2021. TOTAL  4.900.000 €)

PRAZO EXECUCIÓN OBRAS: Ata o 30 de novembro de 2021 como máximo

LUGAR: A solicitude tramitarase por vía electrónica (https://sede.xunta.gal) –código procedemento VI422E- segundo modelo normalizado Anexo I e documentación complementaria do punto Nove da Convocatoria 2020, sendo dirixidas á Area Provincial do IGVS de Pontevedra (as persoas físicas tamén poderán tramitar presencialmente)

  1. Programa de fomento da conservación, da mellora da seguridade de utilización e da accesibilidade en vivendas ( Ver Programa 5)
  2. Programa de fomento da rexeneración e renovación urbana e rural (ir á http://www.concellodemarin.es/concellerias/urbanismo-facenda-e-persoal/axudas-na-ari-vila-de-marin/ )
  3. Programa de axuda aos xóvenes (ver Programa 2)
  4. Programa de fomento de vivendas para persoas maiores e persoas con discapacidade (ver Programa 2 e 6)

 

PROGRAMA PARA O FOMENTO DA CONSTRUCIÓN E O DESENVOLVEMENTO DE PRODUCTOS DE MADEIRA (establecementos, vivendas, envases, embalaxes ou expositores)

O 18 de xullo de 2020 iniciouse o prazo de presentación de solicitudes das axudas para o desenvolvemento de produtos, proxectos e obras en madeira da Axencia Galega da Industria Forestal.

O prazo estará aberto ata o vindeiro 30.09.2020 ou ata esgotar fondos.

Para máis información, consultar na seguinte ligazón:

https://www.xunta.gal/dog/Publicados/2020/20200717/AnuncioG0520-070720-0003_gl.html

Hai 4 liñas de axuda que se poden consultar aquí:

https://ficheiros-web.xunta.gal/xera/IN502-2020-axudas-XERAproxecta-XERApackaging2.pdf

 

A información aos interesados estará dispoñible en:

-páxina web: https://xera.xuntal.gal

-correo electrónico: xera.ceei@xunta.gal

-teléfono: 881 99 54 76

-presencialmente: na avenida Fernando de Casas Novoa, 38, San Lázaro, 15781 Santiago de Compostela

https://sede.xunta.gal/guia-de-procedementos-e-servizos

-páxina web do concello de Marín: http://concellodemarin.es/concellerias/urbanismo-facenda-e-persoal/outras-axudas/

 

Ligazóns de interese:

Xunta – IGVS: http://igvs.xunta.gal/web/igvs/portada

Estado – MINISTERIO DE TRANSPORTES, MOVILIDAD Y AGENDA URBANA: https://www.mitma.gob.es/vivienda

Xunta – INEGA: http://www.inega.gal/subvencions/subvencions/index.html

Estado – IDAE: https://www.idae.es/ayudas-y-financiacion

Xunta – AGADER: https://agader.xunta.gal/

 

 

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies