Concepción Arenal conta xa cunha nova iluminación que cumpre cos estándares de aforro enerxético

O Concello de Marín informou de que se acaba de rematar coa instalación das novas luminarias de eficiencia enerxética na rúa Concepción Arenal, no tramo comprendido entre a Rúa Estrada e República Arxentina, cun orzamento total de 11.404,50 euros.

Esta mellora da iluminación supón un paso máis no traballo que está a realizar o Goberno local para renovar ao alumeado público nos distintos puntos da vila, de tal xeito que estas instalacións cumpran cos estándares medioambientais precisos para facer de Marín unha vila máis sostible.

A Rúa Concepción Arenal, ademais, deu un importante cambio a nivel urbanístico no tramo que vai desde as Anclas ata o límite con Pontevedra, onde se practicou unha humanización integral que mellorou os servizos de abastecemento e que permitiu anchear beirarrúas e mellorar o tráfico rodado.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies