Contacto | Tel.:986 88 03 00

Diversas zonas de Marín xa teñen habilitada conexión WiFi de maneira aberta e gratuíta

Nestes días habilitouse en varias zonas de Marín unha conexión WiFi , aberta para todos, grazas ao impulso por parte da Unión Europea da iniciativa WIFI4EU, coa que se axuda á prestación deste servizo de maneira gratuíta en espazos públicos interiores ou exteriores, entre outras medidas.

O concelleiro de Novas Tecnoloxías, Hugo González, informou esta mañá da posta en marcha desta nova opción de conectividade web, á que se poderá ter acceso nos seguintes puntos do Concello: a Alameda, o Parque Eguren e a Finca de Briz.

Para poder conectarse non é necesario descargar ningún tipo de aplicación. Bastaría tan só con aceptar os termos de uso da rede.

A instalación desta rede correu a cargo de Movistar, dentro dos requisitos solicitados pola Unión Europea buscando unha experiencia de gran calidade para o usuario cunha velocidade mínima de descarga  de 30 Mbps.

A implantación desta rede WiFi busca impulsar a conectividade das persoas fóra do fogar, “especialmente nunha época que debido á crise da Covid19, as ferramentas dixitais, como as cartas a través de códigos QR, son completamente indispensables para manter as medidas de hixiene, necesitando deste tipo de redes públicas para a súa consulta”, explicou González.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies