Entran na recta final as obras de instalación de novo mobiliario na Rúa Ezequiel Massoni

Entran na recta final as obras de instalación de novo mobiliario na Rúa Ezequiel Massoni

O concelleiro de Urbanismo, Manuel Santos, e a edil de Medio Ambiente, Marián Sanmartín, visitaron
a Rúa Ezequiel Massoni, onde se está a rematar ca instalación do novo mobiliario urbano,
consistente nunhas xardineiras esquinadas, con bancos incorporados, que mellorarán substancialmente a
estética do viario.
Esta actuación ten como obxectivo, ademais de mellorar a imaxe da rúa, evitar os problemas que
derivaban do deseño anterior das esquinas, onde moitos vehículos estacionaban indebidamente, xa que os
bordos se atopaban rebaixados ao nivel da calzada.
Aínda que a estrutura das xardineiras xa está rematada, falta colocar a madeira que irá superposta na zona
de asento dos bancos e ornamentar con máis plantas a parte decorativa da construción.
“Esta actuación”, que supuxo un custe global de 53.592,04 euros, “atende a unha demanda veciñal dunha
rúa que é relativamente nova á que lle facía falta unha modernización do seu mobiliario, que lle dera unha
mellor imaxe e que facilitase o descanso dos veciños, que a utilizan con moita asiduidade”, afirmou
Sanmartín.
Por outra banda, os concelleiros adiantaron que unha vez se remate definitivamente con esta obra, e tamén
por petición veciñal, procederase á retirada dalgunhas árbores mal situadas nas beirarrúas, que dificultan e
entorpecen o tránsito dos peóns. No caso de que sexa posible, buscarase un espazo alternativo para a
plantación de novos exemplares.

Anterior Membros do Goberno municipal reúnense con veciños de Seixo para coñecer as súas peticións

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados