Contacto | Tel.:986 88 03 00

Estratexia urbana para a solicitude de fondos europeos.

O CONCELLO DE MARÍN CONTINÚA A ELABORACIÓN DA ESTRATEXIA URBANA PARA A PRESENTACIÓN DO SEU PROXECTO ANTE O MINISTERIO DE ADMINISTRACIÓNS PÚBLICAS PARA A SOLICITUDE DE FONDOS EUROPEOS.

Ao Concello de Marín foille aprobado no ano 2008 o proxecto de desenvolmento local e urbano Arela, recibindo unha axuda FEDER de 3.043.198,73€, dun orzamento de 4.000.000 €, grazas á cal se levaron a cabo accións como a peonalización do casco histórico coa reforma de seis rúas, a rexeneración do Río Lameira rehabilitando o lavadoiro do Souto, facendo o tramo da senda do río que discurre por terreos da barriada Virxe do Carme e coa construcción dos hortas urbanas no entorno do Sequelo e cunha acción de posta en valor do Castro da Subidá.

Aproveitouse tamén para melloras os espazos públicos cedidos polo Porto de Marín, reordenar os aparcamentos, as pistas deportivas que están tan utilizadas e a creación dun espazo para a práctica do skate, bicicletas e motopatíns.

No entorno da barriada Virxe do Carme e coa previsión de buscar desde xa aparcamentos para o futuro centro de saúde, habilitouse a explanada central neste entorno onde na actualidade posibilítase o aparcamento de máis de 50 vehículos, así como o acondicionamento do seu carril central.

Todas estas actuacións foobtiveron a financiación de Fondos Europeos.
.
Este ano 2015 o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas convocará novamente axudas procedentes de fondos europeos FEDER á posta en marcha de proxectos urbanos integrados, aínda que para elo, a Comisión Europea esixe que as entidades locais que aspiren a xestionar estos fondos conten cunha estratexia de desenvolvemento urbano sostible integrado, definida, consultada, participada e aprobada previamente.

Conscientes de que esta oportunidade ía chegar, o equipo de goberno, xa no remate da anterior lexislatura, e una vez iniciada esta, ten perfectamente claro que para Marín supón una oportunidade que debe intentarse de acadar.

A experiencia na xestión do ARELA, coas auditorías practicadas e os ingresos percibidos da totalidade da axuda, incrementándose incluso o que inicialmente íase a financiar con axuda do 70 ó 80% que cando falamos desas cantidades supón un incremento importante, sitúan a este concello nunha situación de boa execución, que aínda que haberá que competir con proxectos doutros concellos da nosa entidade, sí que fai posible traballar nesta elaboración, poñendo todo o traballo posible para que podamos competir cunha boa estratexia que está sendo elaborada por empresas especializadas na xestión destes fondos, e na que xa levan traballando varios meses, estando neste momento, cando se vai a producir esta convocatoria anunciada xa polo ministerio en disposición de poder iniciar os trámites necesarios.

Dende o día 19 de outubro está dispoñible no sitio www.marin2020.es un espazo de participación para a cidadanía de Marín.

Neste espazo, onde se detalla que é a Estratexia Urbana de Desenvolvemento Sostible de Marín e por qué se fai, hai un apartado de achegas onde os cidadánas poden subir as súas suxestións de actuacións para a cidade ou ben votar as actuacións que xa propuxeron outros cidadáns.

Ademais, creuose un espazo en twiter #marin 2020 para que las entidades interesadas poidan manterse informadas e facilitar o debate nas redes sociais sobre as propostas presentadas.

O equipo de goberno, tendo en conta que Marín2020 é unha estratexia de cidade e para a cidade, e que a súa implementación abarcará mais dunha lexislatura, quere facer partícipe a toda a Corporación tanto da identifiación dos principais problemas do Municipio como da propostas de solución a través das actuacións a implementar, polo que nas próximas semanas faranse varias presentación en primeiro lugar a todos os grupos políticos.

Por último, o equipo de goberno vai a organizar a lo menos dúas mesas de participación coas principais asociacións do municipio. O obxectivo da primeira das mesas será que se prioricen os problemas a abordar na cidade e o obxectivo da segunda mesa será priorizar as propostas de actuación achegadas pola cidadanía e a Corporación Municipal.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies