
- Este evento pasou.
A escritora Carmen Quinteiro presenta “Bajo la lluvia no pesan las historias”
6 Decembro 20:00 - 22:00

Venres ás 20.00 horas no Museo Manuel Torres.
O Museo Manuel Torres acollerá o venres, día 6 de decembro, a presentación do novo libro de Carmen Quinteiro, “Bajo la lluvia no pesan las historias”.
O evento, no que autora estará acompañada do pintor marinense Antón Sobral, será a partir das 20.00 horas.
Este novo poemario da autora é o reflexo sincero dunha despedida dunha nai á súa filla antes incluso do seu nacemento, unha historia dunha morte perinatal e do duelo xestacional necesaria, tanto para a propia autora, que viviu a experiencia en primeira persoa, como para a sociedade, dado que segue a ser un tema tabú no día a día.
Para Carmen Quinteiro este é un libro, que lle serve para “saldar unha débeda contraída hai moitos anos”, ten unha importante carga feminista, porque reivindica a necesidade de que se lle dea visibilidade a este tipo de situacións, ca finalidade tamén de adoptar medidas de apoio para as persoas que pasan por este tipo de situacións.