Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Campionato autonómico de batalla de galos de rap

22 Febreiro 18:00 - 20:00

A contorna da Finca de Briz leva desde hai un ano acollendo batallas de rap de xente
nova, que se xunta nas gradas da finca para retarse cas palabras nunha nova disciplina
artística e musical que atrae a infinidade de aficionados.
Agora, o grupo Best Hit Battles, formado por dous rapaces de Marín, Bastián Hermo
Buceta e Pablo Vázquez Ruano, que están detrás destas convocatorias, van máis alá, ca
organización dunha clasificatoria a nivel autonómico, que servirá de pasarela para a final
deste campionato galego.
Hermo reuniuse cas concelleiras Marián Sanmartín e Itziar Álvarez para coordinar
as necesidades que teñen como organizadores para sacar adiante este evento, ao que se
prevé que poidan asistir máis de 300 persoas e no que competirán entre 30 e 50 rapaces e
rapazas.
A primeira clasificatoria terá lugar o 22 de febreiro a partir das 18.00 horas. As inscricións
xa están abertas e poden facerse escribindo unha mensaxe privada á conta de Instagram
de Best Hit Battles (@bhb.edition).
O custe da inscrición é de 3,50 euros por persoa, diñeiro co que recadarán os fondos para
que a persoa que gañe o campionato galego poida viaxar ata Alicante e representar a
Galicia no campionato a nivel estatal que se celebrará en agosto nesa cidade.
A final do campionato, no que se enfrontarán os 16 clasificados nas clasificatorias, terá
lugar o 16 de maio, tamén en Briz. En caso de que chova, ambos eventos trasladaranse ao
Pavillón do Sequelo.

Detalles

Data:
22 Febreiro
Hora:
18:00 - 20:00
Categoría do Evento:

Recinto

Granxa de Briz
Spain + Google Map

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies