Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando eventos

« Todos eventos

Conferencia da psicóloga Rocío Ramos

16 Decembro 18:30 - 20:00

O próximo 16 de decembro a Biblioteca Municipal Vidal Pazos acollerá, a partir das 18.30 horas, unha conferencia da reputada psicóloga e educadora Rocío Ramos Paúl. Baixo o título “La difícil tarea de educar hoy”, a comunicadora e divulgadora falará sobre os novos escenarios que existen na educación actual, nunha sociedade que vai cambiando a medida que avanza.
Ramos Paúl, que se declara “apaixoada da psicoloxía” ten gañado a pulso o seu espazo nos medios de comunicación de masas como experta no seu ámbito, sendo recoñecida especialmente por todo o público por encabezar o programa de televisión “Supernanny”, no ano 2006.
Esta actividade está organizada polo Centro de Formación e Recursos de Pontevedra, en colaboración que Concello de Marín, que buscan poder ofrecer ás Ampas dos centros educativos, ao alumnado e á sociedade marinense en xeral conferencias interesantes sobre educación e valores sociais con figuras de primeiro nivel.

Datos curriculares de Rocío Ramos Paul
Licenciada en Psicoloxía pola Universidade Pontificia de Comillas, é especialista en Psicoloxía Xeral Sanitaria e Máster en Psicoloxía Clínica en Cinteco.
Ademais, é técnico educadora de menores pola Comunidade de Madrid e dirixe Ramos Paúl Psicólogos, que avala o Método Wits para o adestramento de atención, da concentración e da memoria.

Detalles

Data:
16 Decembro
Hora:
18:30 - 20:00
Categoría do Evento:

Recinto

Biblioteca Municipal

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies