Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

III Xornada da Liga Galega de Boxeo Infantil

29 Febreiro

O evento deportivo celebrarase no pavillón do San Narciso a partir das 11.00 horas e está organizado polo equipo local Team Thunder.

O boxeo volta a Marín este sábado, 29 de febreiro, ca III Xornada da Liga Galega de Boxeo Infantil, que
terá lugar no colexio San Narciso. Desde as 11.00 horas da mañá, o club organizador, Team Thunder
Marín, ten previsto que os máis novos do boxeo galego compitan por subir postos na clasificación da
Liga.
Para esta xornada, xa hai apuntados un total de 140 rapaces e rapazas de todos os puntos de Galicia e o
número aínda crecerá máis. O club anfitrión presenta nesta edición a un total de 40 nenos e nenas, que
optarán a unha boa puntuación ca que renovar o título alcanzado o ano pasado, cando foron campeón da
liga.
Actualmente, o club marinense ten a varios boxeadores liderando a competición. Nas categorías de menos
de oito anos, Martín Grandío e Sofía Soto son líderes, namentres que nas categorías de entre 15 e 16 anos,
David González e Yohana Jiménez tamén ocupan os primeiros postos.

Detalles

Data:
29 Febreiro
Categoría do Evento:

Recinto

Colexio San Narciso

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies