Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

Mostra “Historia dos símbolos de España”

28 Febreiro - 29 Marzo

“Historia dos símbolos de España”, unha completísima exposición comisionada pola Asociación Retógenes (Amigos de la Historia Militar).
A asociación é propietaria de reconstrucións fidedignas e, en moitos casos, a tamaño real, de todas as bandeiras que forman parte da historia do noso país. Asemade, contan con bustos e miniaturas que realizan eles mesmos recreando a figuras históricas, ademais dunha importante colección de moedas e dun compendio de figuriñas de Playmobil customizadas, adaptadas cos traxes e cos símbolos propios de cada etapa histórica.
Con todo este material, o obxectivo que persegue a asociación é o de “poder mostrar a historia dos nosos símbolos, desmitificándoa e eliminando moitos dos mitos que se foron creando co paso do tempo e chegando a todo tipo de públicos”. Precisamente, as figuras de Playmobil están pensadas para os escolares, que acudirán á exposición cos centros educativos para coñecer máis sobre a Historia de España e sobre a evolución dos seus símbolos.
Pensando nos rapaces, pero tamén no público en xeral, a asociación apoia a mostra cun catálogo que explica todas as pezas que se poden observar, así como cun vídeo, que se proxectará no salón do Museo todas as mañás, ás 12.00 horas, e polas tardes ás 19.00 e ás 20.00 horas, para todos aqueles que teñan interese en coñecer máis a fondo o contido da exposición.

Detalles

Comezo:
28 Febreiro
Remate:
29 Marzo
Categoría do Evento:

Recinto

Museo Manuel Torres

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies