Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando eventos

« Todos eventos

O pintor marinense Manuel Santos presenta unha nova exposición da súa traxectoria no Museo Torres de Marín

15 Outubro - 31 Outubro

O Museo Manuel Torres acolle desde hoxe e até o próximo 31 de outubro unha exposición monográfica do pintor marinense Manuel Santos, que hoxe se presentou coa presenza da alcaldesa, María Ramallo, e os concelleiros Manuel Santos e Itziar Álvarez.

As pinturas realistas do artista marinense enchen de cor as paredes do museo, das que penduran cadros de toda a súa traxectoria, desde as súas primeiras creacións durante a adolescencia ata as súas últimas creacións, que son de enorme tamaño e de impactante porte.

As posta de sol de Marín, cos seus tons laranxas e azuis, conforman parte da súa obra, que se complementa con imaxes de espidos, esceas familiares, bodegóns e motivos mariñeiros das Rías Baixas.

O autor, profundamente emocionado por presentar esta exposición, adianta que probablemente “sexa das últimas que faga”, polo que, en palabras da alcaldesa, María Ramallo, “esta é unha oportunidade imperdible para gozar do talento deste artista”.

 

Detalles

Comezo:
15 Outubro
Remate:
31 Outubro
Categoría do Evento:

Recinto

Museo Manuel Torres

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies