Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando Eventos

« Todos Eventos

  • Este evento pasou.

O Traxe Tradicional na Nosa Fala

30 Novembro - 8 Decembro

O traxe tradicional na nosa fala
A Asociación Etnográfica Sete Espadelas de Pontevedra inaugura o vindeiro
venres día 30 de novembro, ás 20:00h, unha nova exposición no Museo Manuel
Torres de Marín.
A exposición baséase nos diferentes termos que usa a nosa lingua para se
referir a cada unha das pezas da nosa indumentaria tradicional.
A asociación pontevedresa exporá máis de 50 pezas, a maior parte antigas,
coa nomenclatura apropiada a cada unha delas.
Ata o próximo día 08 de decembro poderase visitar no Museo Torres en horario
de 18h a 21h de martes a venres, e de 11h a 14h os sábados, domingos e luns.
Sete Espadelas naceu en Pontevedra froito da unión de dúas coleccións de
roupa tradicional e hoxe en día ten máis de 70 socios. Os seus membros contan no
seu haber con máis de 20 premios no día do Enxalzamento do traxe de Santiago, e 7
premios de investigación sobre o traxe tradicional “Antonio Fraguas”.
No ano 2018 fixeron dúas grandes pasarelas “Sete varas, un refaixo” de
vestiario tradicional no Teatro Colón da Coruña e na Cidade da Cultura de Galicia,
ademais de múltiples pasarelas en Redondela, Mondariz, A Guarda, Ponteareas,
Cangas e Noia entre outras.

Detalles

Comezo:
30 Novembro
Remate:
8 Decembro
Categoría do Evento:

Recinto

Museo Manuel Torres

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies