Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

X Carreira do Truco

2 Febreiro

Con motivo da tradicional Romaría de San Blas na parroquia de Seixo, a Asociación de
Comerciantes e Empresarios Marín Sur (Acemas), celebrará a décima edición da Carreira
Popular do Truco. O evento será o domingo, 2 de febreiro, e percorrerá, tal e como é
habitual, o traxecto do viario de praias.

A concelleira de Turismo, Cristina Acuña, presentou a carreira acompañada
dos representantes de Acemas. Ademais da colaboración municipal, o evento conta co
apoio de Abanca, Aguas de San Joaquín, Feiraco e algúns colaboradores máis que aportan
iogures, froita e bebidas.

A xornada comezará na Casa de Cultura de Seixo cas carreiras dos máis pequenos, que
partirán ás 11.00 horas. Vintecinco minutos máis tarde sairá a andaina para os adultos que
desexen participar, que percorrerán enclaves destacados da contorna como a praia de
Loira ou a subida ao Monte Sobareiro, desde onde é posible gozar dunha vista
espectacular da ría.

A partir das 11.45 horas será a quenda da carreira para maiores, que sairá desde o cruce
do viario de praias con Gago de Mendoza e que contará cun percorrido de 7,5 quilómetros
ata o comezo da praia de Portocelo. A meta estará instalada na Casa de Cultura de Seixo.
A inscrición para a proba é gratuíta e poderá realizarse o mesmo día da carreira, nas mesas
que a organización habilitará para tal fin.

Como é habitual nesta proba, a organización realizará unha Operación Kilo de produtos
non perecedoiros, que, xunto con aqueles que aporten os colaboradores e que non sexan
utilizados durante o evento, serán doados ás asociacións benéficas de Marín.

A partir das 12.00 horas, e como reconstitutivo despois da carreira, ofrecerase unha gran
chocolatada na Casa da Cultura para todos os asistentes. Este aperitivo está organizado
polos creadores desta proba, Los Truco Runners, aos que se sumou Acemas hai xa catro
anos ca fin de potenciar o evento e de dinamizar o comercio da parroquia.

Tamén haberá inchables para os máis pequenos e repartiranse camisetas e gorras entre os
asistentes. Os tres primeiros masculinos e femininos da carreira de adultos recibirán
tamén premios populares, doados por Acemas e por Distribucións Manolo.

Detalles

Data:
2 Febreiro
Categoría do Evento:

Recinto

Alameda de Seixo

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies