Contacto | Tel.:986 88 03 00

Cargando eventos

« Todos eventos

  • Este evento pasou.

XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta

1 Febreiro

A corazón da vila marinense acollerá este sábado, 1 de febreiro, o XXXI Campionato de Galicia de Marcha en Ruta, que esta mañá foi presentado no Concello de Marín pola alcaldesa, María Ramallo; o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos; o responsable do sector de Marcha da Federación, Carlos Morales, e o concelleiro de Deportes, Antonio Traba.

Tanto Hornillos como Morales agradeceron ao Concello de Marín a súa aposta por este evento, que forma parte dos máis de 50 campionatos que organiza anualmente a Federación. “É unha función pública que temos que cumplir como organismo autonómico”, asegurou Hornillos, que considera que Marín é “un lugar emblemático para o atletismo galego, xa que é un espazo de confianza, de seguridade e de garantía de éxito, grazas ao apoio do Concello”.
A proba discurrirá pola Avenida de Ourense, que pechará ao tráfico durante o evento. Está previsto que comecen as categorías sub-23, senior e master ás 16.45 horas, tanto masculinas como femininas, con 10 quilómetros de percorrido. Tamén a esa hora e ca mesma distancia desputarán a proba as sub 18 e 20, de ambos xéneros.

A partir das 17.00 horas, sairá a sub 12, con 2 quilómetros de percorrido, que estará seguida pola sub-14, con 3 quilómetros, ás 17.45 horas; pola sub-16, con 5 quilómetros, ás 18.00 horas, e finalmente, pola sub-10 con 1 quilómetro ás 18.10 horas.
Hornillos adiantou que deste campionato sairán os representantes da selección galega que tomarán parte no campionato de España. Pola súa parte, Morales cifrou en 150 marchadores o ratio de participación na proba, aínda que haberá algunha baixa importante, como a de Daniel Chamosa, un dos nomes favoritos para o podio, que acaba de ser operado dun neumotórax.

A súa irmá, Antía Chamosa, si competirá, “sendo unha das favoritas na súa categoría”. Outros nomes femininos que parten como favoritos son os de Carmen Escariz e Iria Rivas. No que respecta aos atletas masculinos, Morales cre que estará reñido entre Iván Morales, da Coruña; José Fernández, do Barco, e Roberto Vieiro, de Santiago de Compostela. Estes dos últimos viaxarán desde Mallorca e Barcelona, respectivamente, para poder competir na vila marinense.

No que respecta aos atletas locais, competirán Brais Suárez, “que é favorito para a victoria en sub 16 e un dos asegurados para a selección galega que e conformará tras o campionato”, en palabras de Morales; Anxo Jamardo, de 12 anos, e Daniel Jamardo, “que debutará nunha primeira proba de marcha oficial”.

Pola súa parte, a alcaldesa, María Ramallo, agradeceu unha vez más á Federación Galega de Atletismo e ao seu presidente que aposten por Marín. “Xa levan anos facéndoo e nós tratamos de estar á altura, porque Marín é unha cuna importante de atletas e o noso circuíto é moi agradecido, porque permite o ánimo constante do público”.

Detalles

Data:
1 Febreiro
Categoría do Evento:

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies