Expediente de recoñecemento de créditos.

Expediente de recoñecemento de créditos.

 

O concelleiro de urbanismo, facenda e persoal Manuel Santos Costa, ven de presentar ante a Comisión Informativa de Facenda celebrada no día de hoxe o expediente que elevará ó Pleno da Corporación na vindeira sesión ordinaria que configura un expediente de recoñecemento de crédito.

Na tramitación administrativa do mesmo recóllense unha relación de facturas de 250.000 € correspondentes a facturas presentadas no mes de decembro e no mes de xaneiro que obedecen a gastos realizados no ano anterior 2015 e para proceder ó seu pago é necesario que o ser doutro exercicio o Pleno as reconoza e ordene o seu pago.

Todas obeceden ó capítulo 2 do Presuposto municipal, se trata de gasto corrente en diversas áreas que por realizarse nos últimos meses do ano, e terse presentado no ano seguinte non poden tramitarse como as relación de facturas que mensualmente se realizan.

O obxectivo da área económica é proceder ó pago o antes posible, tratando así mesmo na área económica de manter o orden, as relación de facturas que teñan cada vez menos prazo desde que se presentan ata que se conforman e pagan, e de incluír como é preceptivo legalmente a presentación que se realiza da factura electrónica que xa se está en condicións de adaptar ó funcionamento normal para que os retrasos que existían xa non se produzan.

Cada vez inténtase reducir os prazos de pago, e aínda queda camiño por recorrer para lograr ir reducíndoos e evitar trámites intermedios e máis axilidade.

A área económica realiza esforzos importantes que repercuten no funcionamente en xeral do resto de departamentos, tratando de seguir na liña marcada desde fai uns anos polo responsable Manuel Santos e que pretende seguir nesa liña de orden, seguimento e tramitación que se leva feito.

Anterior Bases Praza Técnico de Admon. Xeral.

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados