Contacto | Tel.:986 88 03 00

Finalización do Paseo en Loira.

Esta mañán a xefa do servicio de Costas en Pontevedra Cristina de Paz Curbera visitou acompañada polo técnico responsable de costas a execución das obras de Ampliación do Paseo de Loira coa alcaldesa de Marín María Ramallo que quería supervisar algún aspectos e remates finais da mesma realizando unha visita para ver a evolución das obras e a súa inminente finalización.

As obras están moi avanzadas, están tendo un impulso importante debido ás boas condicións meteorolóxicas e nos próximos días estarán prácticamente rematadas.

A semana pasada leváronse a cabo as obras de asfaltado da estrada, de hormigón impreso na zona máis peonil, e a colocación do alumbrado e a finalización dos traballos da pasarela de madeira nos tramos dos paseo.

Neste momento están procedendo a adecentar o tramo final, cunha capa de xabre e poner a disposición este espazo que estaba moi deteriorado e que permitirá xerar unha zona de esparcimento dándolle valor a un inmellorable paisaxe.

Ademáis será mellorado o mirador da subida á Cova coa instalación de bancos e mesas de pedra que será tamén rematado nos próximos días tratando de articular unha ruta para camiñar pegada á costa por detrás do almacén e que permite poder practicar sendeirismo e paseos por este entorno e mirador privilexiado.

A pasarela de madeira que cubre aproximadamente 100 m do paseo, ampliando a súa capacidade para acceso de peóns, e que trata de facer este espazo máis accesible, de acordo co entorno no que estamos.

A reparación e construcción das zonas da escolleira que estaban nun estado moi deteriorado, aporta unha mellora fundamental na Praia, apreciándose un aspecto mellorado e que presenta un grao de solidez no mesmo.

A parte asfaltada é a obra que se levou a cabo con formigón, de cara a facer una zona de caminar fácil, accesible e mellorada en canto á súa comunicación.

As obras tiñan un presuposto de 314.389,33 € euros que se invirten nesta actuación financiada ó cen por cen polo Ministerio de medio ambiente a través do organismo de Costas do Estado, redactora do mesmo e impulsora desta gran mellora, solicitada polo concello de Marín que trata de apostar por recuperar unha zona de extraordinario valor paisaxístico.
loirapaseo1

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies