Contacto | Tel.:986 88 03 00

HUMANA recolleu cerca de 53.698 kilos de roupa durante o 2019 na vila

A ONG Humana, que ten habilitados 13 colectores de recollida de roupa na vila marinense, recolectou no 2019 cerca de 53.698 kilos, unha cifra moi relevante e que exemplifica a boa acollida que ten esta iniciativa entre a veciñanza.
Os colectores están colocados en Concepción Arenal, Ezequiel Massoni, Jaime Janer, Marqués de Valterra, na Barriada de Mogor, na Casa de Cultura de Seixo, na Praza de Abastos, en Jaime Janer, no campo de fúbtol de San Pedro, na Rúa Alcalde Ezequiel Massoni, en Ardán (na PO551) e na Casa de Cultura de San Xulián.
Os meses que máis doazóns de roupa se fixeron foron xullo, agosto e outubro, e os colectores nos que máis quilos se recolleron foron o de Marques de Valterra, con 7.152 kilos e o de Ardán, con 9.050 kilos.
O Concello asegura que este tipo de doazóns son moi necesarias e anima á veciñanza a que siga participando e volcando a súa solidariedade con quen máis o precisa.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies