Selecciona idioma: Galego | Castelán

Inicio AlcaldíaAtención a cidadaníaConcelleríasConcelloFarmacias de gardaGalería de fotosHistoria e evolución de MarínOrdenanzas municipaisPraiasVodas

Marín, entre o Románico e o Barroco


 

No Municipio de Marín existen diversas igrexas e monumentos que conservan, a pesar do tempo e das constantes modificacións, reformas e restauracións para a súa conservación, vestixios artísticos de estilo románico ou barroco.

 

Románico é un estilo que nace en Europa nos séculos XI e XII, coma unha linguaxe artística unitaria e internacional, conxugándose a variedade e multiplicidade segundo os países e rexións.

Neste estilo alcanzou un extraordinario desenvolvemento en toda Galicia a partir do segundo cuarto do século XII, e dicir, trala finalización da Catedral de Santiago.

 

Barroco é un estilo que triunfou en España e noutros países europeos desde fins do século XVI ata  principios do século XVIII, caracterizándose pola complicación formal e a exuberancia ornamental.

Tanto o románico coma o barroco chegaron a noso municipio e del podemos destacar as seguintes edificacións:

-Monumentos barrocos: Igrexa de Sta. María do Porto en Marín e as Casas Rectorais de San Xulián.

-Monumentos románicos: as Igrexas de Sta. María do Campo e Santomé de Piñeiro.

 

Igrexa de Santa Mª del Campo

Esta igrexa foi a máis importante que tiveron os relixiosos Sanjuanistas, tamén coñecidos como  "Caballeros de San Juan de Malta" ou "Hermanos Hospitalarios de San Juan de Jerusalén", e era unha orde exenta da xurisdición episcopal por estar incardinada na encomenda de Beade. Así está recollido nas actas das visitas periódicas que realizaba 0 episcopado, entre as cales sorprende unha na que se recolle que por Real Cédula do Rei Carlos III,expedida no Palacio del Pardo 0 14 de xaneiro de 1773,

por "Breve" do papa Clemente XIV de 1772, pola que se lle concedía a esta igrexa o dereito de inmunidade e asilo sagrado, privilexio excepcional que supuña un seguro para os perseguidos pola xustiza, acusados de determinados delitos comúns,  o cal nos da unha idea da importancia desta feligresía nesta época.

Aínda está en pé a igrexa e algunhas das dependencias que daquela estaban dedicadas a vivenda dos relixiosos que rexentaban a parroquia, cobraban os diezmos, e primicias e administraban os bens

da orde. Dentro da súa estrutura románica a igrexa presenta unhas características peculiares. Nela hai dous corpos que corresponden a estruturas construtivas diferentes. O primitivo, que aínda se pode ver na

cabeceira, ten planta rectangular, con cuberta de teitume de madeira e unha venta semicircular no testeiro que foi descuberta recentemente.

o corpo posterior, fórmao a nave da planta rectangular con portas laterais, en forma de arco, próximas á capela da cabeceira. Estas portas están tapiadas exteriormente máis polo interior conservan os entrantes. Na parte superior hai dúas ventas en cada un dos muros laterais, con estrutura de saetera sen  ornamentación, estendéndose baixo as ventás, unha imposta de billetes, que só se conservan no muro do norte.

A entrada a capela maior é moi estreita e desproporcionada entre a altura das columnas sobre as que descansa o arco triunfal, e o espazo que hai entre elas. 0 arco é de directriz apuntada (arco oxival), e se apoia en capiteis de ornamentación floral, que sobresaen excesivamente co seu ábaco dos arranques do arco.

Semicolumnas adosadas con basas toscanas. Esta falta de proporcionalidade demóstranos que  algunhas das reformas que sufriu o templo, se aproveitaron materiais da obra primitiva. Recentemente se retirou do altar maior o seu retablo, que cubría a cabeceira da capela e outros dous na nave, quedando a descuberto unhas pinturas murais e a interesante ventá do ábsida, que é de oco abocinado con columna central e dous pequenos arquiños de medio punta laterais. Descoñecíase a súa existencia por estar tapiada pola parte exterior do templo e oculta no interior polo retablo que agora foi retirado, é altamente

orixinal e rara nas igrexas románicas da época.

As pinturas do altar maior destacan polas florituras do seu goticismo e presentan un retablo no que aparece, nun círculo central na parte superior, a figura sedente do Redentor, coroado co cetro na man esquerda e a dereita algo erguida. É unha figura máis estilizada do normal, esta representación do Pantocrator, e moito máis humanizada na expresión do seu rostro.

No plano inferior distínguense dous anxos con ámbalas dúas trompetas nos lados da ventá, que non son as trompetas do xuízo final, senón que soa a festa e xúbilo. Todo o conxunto está enmarcado por unhas amplas cenefas verticais, pintadas con floróns( a do lado esquerdo) e arabescos (a do dereito). As figuras descubertas foron pintadas sobre outras de máis antigüidade e aparecen outras que non se acerta a  descifrar que é o que representan. No muro sur, hai un tríptico con imaxes de santos; no centro San Sebastián, a súa dereita San Antonio Abad e a esquerda un cunha túnica e bordón que podería ser Santiago Apóstolo ou San Cristóbal. A pintura do muro sur é unha anunciación expresiva e natural.

 

 

Igrexa de Santomé de Piñeiro

Un documento do século XII fala do Mosteiro de Santomé de Piñeiro, sen que saibamos exactamente onde se ubicou e a que orde pertencía, se ben unha bula do Papa Atanasio IV da conta da súa existencia no ano 1154.

Esta igrexa denota unha traza estrutural moi peculiar, dentro das que pertencían aos Cabaleiros da Orde de Malta, polo que nos fai pensar na existencia dun mosteiro que habería desaparecido a finais do S. XII, os bens do cal pasarían as Sanjuanistas.

Sobre os cimentos da primitiva igrexa, que puido ser a mosteiral, levantouse a actual, de extraordinaria traza románica.

Esta igrexa resulta moi interesante, xa que se ben e de planta rectangular, ten a peculiaridade de contar cunha ábsida pentagonal (5 lados). Na capela maior, separada por dúas columnas, hai un retablo barroco de marcada influencia portuguesa, que oculta as ventás da cabeceira.

A capela cóbrese cunha bóveda de medio canon, de directriz apuntada, que descansa sobre dous arcos  faxons, apoiados en columnas adosadas de ábacos saíntes e interesantes capiteis de ornamentación historiada dous deles, e os outros con flores de acanto e caprichosos lazos, uníndoos unha imposta de billetes, que se estende ó Iongo dos muros da capela.

As basas das columnas, con garras, dentes de serra e bolas, de traza toscana, descansan nun muro   aínte, que se eleva 125 cm. do pavimento da capela, o que nos demostra a existencia dunha construción anterior sobre a que se ergue o templo actual.

Na nave hai catro entrantes semicirculares nos muros, dous a cada lado, pertencentes a capelanías de fundacións particulares. As máis próximas a entrada do prestiberio teñen blasón dos Montenegro, que aparece tamén no escudo que hai sobre o retablo do altar maior, unido coas armas dos Sarmiento e Valladares. O arco triunfal apuntado, formado por baquetón liso con arquivoltas de rosetas e unha franxa exterior de axedrezado. 0 seu arranque é un ábaco, formado nos mesmos muros, sen capiteis, que se une cos ábacos dos arcos faxóns da bóveda da capela. No exterior da ábsida pentagonal aparecen dúas columnas separando os tramos, e nas partes centrais hai tres ventás, actualmente tapiadas, dun só arco, que conservan no interior a abertura, cuberta con pinturas murais, que sería interesante descubrir quitando  o retablo.

Os caneciños son variados, tendo forma de rosetas, rollos, bisel, animais, un coa talla dunha cabeza humana rapada e outro con extremos e fronte decorados con estrelas.

 

Concello de Marín - Avda de Ourense s/n Tlf: 986 88 03 00 Fax: 986 88 20 13