
Dende o punto de vista arquitectónico, o hórreo é, sen dúbida, a dependencia máis importante da casa labrega. A de maior interese espacial e construtivo incluso, na maioría dos casos, mostra unha maior perfección que a propia casa; nel maniféstase o sentido plástico e a fantasía dos nosos labregos. En moitos deles, par non dicir en toados, os seus donos colocaron cruces, custodias, calices ou campanarios (quizais para expresar a súa relixiosidade) na parte superior, como solicitude a Deus para que lles axude a protexer a que a súa alimentación e, quizais, a do seu gando.
O hórreo galego non é simplemente un granero, senón que é unha hucha na que se garda o pan durante todo o ano.
A feitura dos hórreos galegos provén do respecto que sentimos polo pan. Os hórreos gardan o pan, para iso teñen así feituras de relicarios. Tanto é así que algunhas veces a piorno esta enriba do portalón, porque ten máis virtudes e máis poderío ca unha simple cruz.
O cultivo de diferentes especies de cereais foi desde a máis lonxana antigüidade unha das bases para a alimentación da poboación; desde tempos moi atrás a home gardaba as súas boas colleitas en recipientes de barro au cestería que, co tempo, foron evolucionando conforme coas características climatolóxicas de cada zona, para protexer de axentes atmosféricos e de animais.
As orixes do hórreo poderían estar asentadas antes da chegada dos celtas coma pequenos silos suspendidos de forma cilíndrica co teito de palla cónico, de alí o seu nome de palloza.
Durante a dominación romana, estes descubriron a utilización dos graneiros suspendidos para secar os cereais e os aceptaron nas súas prácticas agrarias polas súas condicións de preservar os cereais da humidade.
Os adiantos da arquitectura e a carpintería dos romanos fixeron posible a reforma dos graneiros, a introdución do millo en Galicia nos comezos do século XVII ocasionando importantes variacións na nosa agricultura, estas, a súa vez, influíron na estrutura construtiva dos vellos graneiros destinados ó panizo. Foi necesario adoptar o hórreo á nova función de almacenar e curar o millo, tendo que aumentar a súa capacidade, incrementando o seu tamaño no sentido lonxitudinal, mellorando as súas condicións de ventilación mediante a multiplicación das súas rendixas, unhas de madeira e outras mediante pedras caladas. Deste xeito, os hórreos en Galicia convértense en graneiros especializados destinados ó secado e almacenaxe do millo, función que esixe unha boa ventilación e unha favorable protección contra as roedores.
En consecuencia, os hórreos en Galicia e, particularmente en Marín, están expostos nos lugares a acción dos ventos dominantes, aparecen divididos nunha cámara redonda, cadrada ou rectangular onde se garda, principalmente, o millo, trigo, centeo (patacas, xamóns, lacóns, chourizos, peixe seco, etc.) composta por elementos estruturais, de peche de cuberta, e unha base que garanta o seu illamento dos animais predadores, cunha altura suficiente para asegurar unha continua exposición as correntes de aire, formada por unha soleira ou cimentación, uns soportes de suspensión que, en moitos casos acadan unha altura de dous metros, e unhas "arandelas" de pedra co obxectivo de que os roedores non acaden a cámara.
Os hórreos en Marín son parte da nosa arquitectura civil, polo tanto son un patrimonio histórico que todos debemos protexer para beneficio das vindeiras xeracións.
Concello de Marín - Avda de Ourense s/n Tlf: 986 88 03 00 Fax: 986 88 20 13