Selecciona idioma: Galego | Castelán

Inicio AlcaldíaAtención a cidadaníaConcelleríasConcelloFarmacias de gardaGalería de fotosHistoria e evolución de MarínOrdenanzas municipaisPraiasVodas

Arquitectura Civil, Pazos e Casas Antigas


 

Á vista do visitante pódese observar que nalgúns pazos 0 estado de conservación destas edificacións é irregular, en parte debido a problemas de herdanza ou quizais de imposibilidade económica, a que hai que lle sumar a escasa axuda dos organismos competentes.

Entre os pazos que aínda se conservan podemos destacar os seguintes:

 

Pazo do Chirleu

A súa construción data de 1801, pertencía a D. Juan Antonio Gago de Mendoza, fillo ilustre de Marín que durante a Guerra da Independencia liberou a cidade e a súa comarca do dominio francés o 4 de abril de 1809. Este pazo foi alterado en varias ocasións para dar albergue a outras finalidades.

Nas súas orixes estaba dotado de foxo, peirao propio e muralla; deixando o seu carácter residencial transformárono en fábrica de salazóns, despois en estaleiro e finalmente parte do que hoxe se coñece como a sede do Club de Mar.

 

San Brais de Aguete

Fundado no ano 1669 polo párroco de Santomé de Piñeiro D. Joan Gago de Mendoza Montenegro Sotomayor, este pazo contaba con capela propia dedicada a San Brais na que tódolos días 3 de febreiro se celebra unha romaría moi popular en honor de dito santo; este pazo tiña muíño, Pombal, así como un curioso portalón rematado con 6 almeas esculpidas.

 

Pazo de Cadro

É o máis antigo de Marín: a súa construción data dos séculos XV-XVIII, a súa torre e do século XV e 0 resto do pazo data do século XVIII. Este pazo aparece aforado en 1590 a Vasco de Romay, actualmente pertence a Dna. Cristina Lliestierna, escritora e xornalista recentemente falecida. Esta en perfecto estado de conservación, tanto no interior como no exterior, onde se resalta a decoración, de notable valor e bo gusto; ten unha capela dedicada a Santa Bárbara, onde tódolos anos se celebra unha misa á que poden acudir todos aqueles que 0 desexen. Esta é unha antiga tradición da familia.

 

Pazo da Brea, Pazo da Torre, San Pedro da Raña, Raposeiras, etc.

Neles, ademais da súa propia construción, hai que subliñar as súas murallas, os seus escudos de armas nas portadas de acceso, os seus hórreos, capelas, pombais, torres, chimeneas, soleira, portadas de acceso, cornixas, almeas e cruces, columnas, capiteis, fornos, lareiras, patios de armas, xardíns, lagares, etc.

Os pazos e casas antigas son símbolos das "inversións" dos señores destas terras mercé ó traballo dos campesiños - mariñeiros das diferentes comunidades parroquiais ...

Hai outros edificios que forman parte da arquitectura popular como son a Casa do Pazo en Ardán, Casa de D. Benito (0 Campo), a Casa Rectoral de Ardán, Casa Rectoral de Piñeiro, Casa Rectoral de Marín de Arriba, a Casa do Concello, a Ponte de Seoaxe, Almacén de Loira, etc.

 

Concello de Marín - Avda de Ourense s/n Tlf: 986 88 03 00 Fax: 986 88 20 13