Selecciona idioma: Galego | Castelán

Inicio AlcaldíaAtención a cidadaníaConcelleríasConcelloFarmacias de gardaGalería de fotosHistoria e evolución de MarínOrdenanzas municipaisPraiasVodas

Lugares de interese


 

-Petroglifos de Mogor.

 

-Igrexas de Ardán, de Santomé e Templo Antigo de Marín, San Xulián de Marín de Arriba e Sta. María do Campo.

 

-Casco antigo da cidade. Museo Manuel Torres (pintor marinense).

 

-Zona de praias: Portocelo, Mogor, Aguete (conta cun Club Náutico), Loira, A Coviña, O. Santo, Lapamán. Fermosas vistas panorámicas.

 

-Miradoiros: Lago Castiñeiras, parque natural, onde hai diversificación de fauna, zona de recuperación de aves, protección e crianza do cervo, entre outras especies, etc. Instalacións naturais ó aire libre para cociñar.

 

-Carballeiras: Bosques de carballos e zonas montañosas.

 

-lIIas: Illa de Tambo, mencionada nas cantigas de Sta. María de Afonso X, 0 Sabio. Nela atópanse as ruínas dunha ermida edificada no século VI, dependente do Mosteiro de Poio. Illa do Santo.

 

-Porto: Lonxa con poxas de peixes.

 

-Lago Castiñeiras: Case todos consideran a Marín como unha cidade eminentemente ribeireña, co seu mar azul e calmo, coas súas praias brigadas e limpas, cos seus peiraos, 0 seu paseo a beiramar, a súa Lonxa, a súa Escola Naval, os buques mercantes ou a súa flota pesqueira entrando e saíndo a diario para traer a porto, 0 peixe que goza de tan merecida sona de frescura e sabor.

Mais Marín tamén conta cunhas paraxes de montañas que non teñen nada que envexar a calquera zona  o interior do país, con cumios elevados en plena e frutífera repoboación forestal, cuberta con milleiros de piñeiros e eucaliptos, onde 0 aire é menos denso, máis fragrante e totalmente puro.

o Lago de Castiñeiras é unha paraxe de gran beleza natural e cunhas condicións turísticas dificilmente superables. Situado en Cotorredondo, a 10 km. do centro da cidade, e a unha altura de 400 mts. sobre o nivel do mar, é un lugar onde arriban centos de persoas a diario, sobre todo no verán, para gozar do aire puro, da paisaxe bucólica na que a man do home axudou a natureza, poñendo todo o necesario, como as

estradas, con lago artificial con presa para rego; un mirador desde a que, nos días claros, se distinguen as  Rías Baixas; un parque onde as cervos fan as delicias dos maiores e, sobre todo, dos nenos; fontes de auga pura e cristalina; milleiros de paxaros, marabillosos rincóns con panorámicas excepcionais, mesas, bancos, asadores, etc. Todo disposto para recibir ó visitante e facer que pase un día inesquecible.

Nas cercanías hai 3 picadeiros onde se pode montar a cabalo e facer rotas por todo 0 recinto forestal.

 

Concello de Marín - Avda de Ourense s/n Tlf: 986 88 03 00 Fax: 986 88 20 13