Selecciona idioma: Galego | Castelán

Estás en:   INICIO > Alcaldía > Saúda

Inicio AlcaldíaAtención a cidadaníaConcelleríasConcelloFarmacias de gardaGalería de fotosHistoria e evolución de MarínOrdenanzas municipaisPraiasVodas

Saúda do alcalde


Os marinenses somos plenamente conscientes de que Marín comeza unha nova etapa, un novo ciclo caracterizado por unha decidida aposta pola modernidade, a diversificación económica e a mellora das infraestruturas.

Neste contexto, estamos a redobrar esforzos para aplicar  as novas tecnoloxías da información e da comunicación ó servizo do cidadán, construíndo un novo porto aberto a Internet. É un proceso que aínda comezamos agora e que irá desenrolándose pouco a pouco.

O Concello quere aproveitar nun futuro este importante instrumento para facer unha aproximación ó cidadán que abra un novo modo de ofertar servizos municipais e acercalo a cada casa.

Temos un especial interese por manter unha continua mellora de contidos para ampliar e facilitar a cada navegante o seu percorrido pola nosa Administración local. Será un proceso longo, pero espero que moi frutífero. Dende este espazo queremos explicar a cada visitante os servizos, os proxectos e o modelo de cidade no que estamos a traballar. Invítolles a unha visita virtual na que poderán percorrer, mirar e consultar todo o que atinxe a nosa vila, comprobando o xa dito con anterioridade e confiando que sexa do gusto de todos.  

O alcalde,

Francisco Andrés Veiga Soto

Galería de imaxes

 

Concello de Marín - Avda de Ourense s/n Tlf: 986 88 03 00 Fax: 986 88 20 13