Jose Francisco Gil Dopazo, pregoeiro das Festas do Carme

25 xuño 2021

 O pregoeiro das Festas do Carme 2021 será Jose Francisco Gil Dopazo, membro do grupo Picuíña e un rostro de esperanza e de superación fronte á pandemia que aínda estamos a vivir e que nos fixo pasar momentos durísimos nos últimos tempos.

A alcaldesa, María Ramallo, e a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, recibiron a Gil no Concello esta mañá para conversar con el e presentar o seu pregón, que se lerá o venres, 9 de xullo, na Alameda, ás 21.00 horas e que suporá o pistoletazo de saída para as Festas do Carme.

Jose Manuel padeceu a enfermidade da Covid19 o pasado ano. A pesar de ter as primeiras probas negativas, os seus síntomas eran compatibles ca enfermidade e ao final a infección deu a cara. O avance da enfermidade levouno ao ingreso por unha neumonía bilateral.

Despois de moito esforzo e loita do seu corpo para vencer á enfermidade, Jose Gil superouna e pronto comezou retomar as súas actividades no noso Marín: as andainas, a música, a participación veciñal…

“Para nós é a viva imaxe da superación, da esperanza á que nos debemos aferrar nesta nova etapa na que a pandemia parece estar nunha situación moito mellor pero que non nos pode facer baixar a garda e, sobre todo, non nos pode facer olvidar”, explicou a rexedora.

Xunto a Jose, no pregón estarán acompañándoo o grupo Picuíña.

Programación completa, xa na web!

 Por outra banda, xa se pode consultar a programación de Un Verán Con Xeito, o verán de Marín.

Pode consultarse a través desta web e os establecementos de hostalaría que teñan interese en incluir a súa programación poderán facelo enviando os eventos a prensa@concellodemarin.es: https://www.concellodemarin.es/unveranconxeito/

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies