Máis de 25 emprendedores de Marín formaranse para mellorar a súa dixitalización e sacarlle partido á súa imaxe online

26  abril 2021

Os concelleiros Cristina Acuña e Manuel Santos, acompañados pola secretaria técnica de APE Galicia, Sonia Acuña, e o presidente do colectivo, José Ramón Caldas, así como polo tesoureiro de Acemas, Manuel Solla, presentaron a formación que arranca hoxe e que está dirixida a emprendedores e autónomos de Marín.

Será da man da content creator e CEO de Paso a Paso Agency, Natalia Maquieira (@pasoapasoblog), que ten máis de 10 anos de experiencia e está especializada en comunicación dixital para marcas nos sectores de moda, beleza e lifestyle. “Os usuarios pasamos moitas horas ao día en redes sociais. Convertéronse na porta principal para futuros clientes e a ferramenta definitiva de fidelización”, asegura a mestra deste curso.

O obradoiro celebrarase a través de Zoom de 20.30 a 22.30 horas desde hoxe e ao longo do próximo mes. Os inscritos aprenderán a utilizar todas as ferramentas e coñecementos básicos para que a imaxe online do seu negocio mellore notablemente e atraia clientes.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies