Mar e cócteis únense no Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria

11 xaneiro 2022

Innovar, formarse e procurar novas formas de sorprender aos consumidores son as tendencias que marcan o futuro da hostalaría de cara a este ano Por iso, o Espazo Emprendedor de Innovación Alimentaria, ubicado no Parque Azul, revélase como un espazo estratéxico, no que levar a cabo accións que axuden aos nosos hostaleiros e hostaleiras a desenvolver novas técnicas e descubrir como ofrecer productos novidosos e atractivos.

Ese é o obxectivo do curso “Coctelería do mar”, que foi presentado esta mañá pola concelleira de Comercio e Turismo, Cristiña Acuña, o presidente de AJE Pontevedra (encargados da xestión do espazo), Jesús Rey, e Marián Barreal,, tamén de AJE.

A formación estará destinada de xeito concreto a este sector, o da hostalaría, e contará con 12 prazas dispoñibles para o seu desenvolvemento en modalidade presencial, entre o 24 e o 28 de xaneiro, de 09.30 a 13.30 horas.
O alumnado participante nesta acción formativa, aprenderá como se fan cócteis innovadores, en cuxa elaboración estarán presentes os mariscos do entorno.

Tal e como explica a concelleira, con esta acción “os hostaleiros da vila poderán aprender outro xeito de utilizar esta materia prima tan boa que temos na nosa ría” e traballarán para posicionar o sector como puntal estratéxico na promoción turística de Marín.

Tres xornadas prácticas, unha de mentoría e outra de evento

A formación contará con tres xornadas prácticas, unha de mentoría e outra de evento.
O formador en coctelería será Carlos Abilleira, Campeón Galego de Flair (coctelería acrobática) e campión Galego de Gin Tónic, formador e cocteleíro dende fai 10 anos. A mentoría corre a cargo de Elena Vitoria, consultora e directora de proxectos de gastronomía e restauración.
Nas tres primeiras xornadas do curso, os alumnos aprenderán a facer diversos cócteis, na elaboración atoparemos productos do mar. Se ensinarán as chaves e recursos, e se guiará para que fagan o diseño dun cóctel propio.
A cuarta xornada consitirá nunha mentorización para aconsellar o alumnado como sacar o máximo aproveitamento os coñecementos adquiridos.
Na ultima xornada celebrarase un evento a modo de práctica, con asistentes convidados e a porta pechada, co obxetivo de que adquiran as ferramentas, cara a defender os seus cócteles con xente, e tamén practicar o seu cóctel propio.
Para inscribirse, hai que escribir un mail a marin@ajepontevedra.com ou chamar ao teléfono 637 76 20 82.
“Coctelería do mar” encádrase dentro das actividades programadas nos Convenio de colaboración entre o IGAPE e AJE Galicia (Fegaxe) para a realización de actividades de apoio ao emprendemento.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies