Contacto | Tel.:986 88 03 00

Marín acondicionará as súas praias de cara ao seu futuro uso neste verán

O Concello de Marín vén de adxudicar o contrato para o acondicionamento dos areais municipais á empresa Obras y Servicios Justo, por un importe total de 16.335 euros, co IVE incluído. Segundo explicou esta mañá a alcaldesa de Marín, María Ramallo, este servizo é “necesario para asegurar a protección da seguridade das persoas unha vez que se levante o estado de alarma”.

Segundo avanzou Ramallo, aínda está a estudarse como será a volta ás praias, pero xa advirte de que será “un verán diferente”, no que haberá que adaptar estes espazos naturais ás restricións que conlevan as medidas de prevención de contaxios do Covid19.

O Concello está traballando no eido do turismo, respecto ao cal as praias son dos principais atractivos, para poder incentivalo de cara á época estival e para garantir en todo momento “a seguridade e a tranquilidade dos nosos veciños e tamén dos nosos futuros visitantes cando así o permitan as autoridades sanitarias”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies