Contacto | Tel.:986 88 03 00

Marín En Rede, a plataforma da economía local da vila, lanza a campaña #PonllesCara

A plataforma da economía local da vila lanzada a pasada fin de semana polo concello, Marín En Rede, iniciou este mediodía a andadura da campaña de visibilidade comercial #PonllesCara. Baixo esta etiqueta, iranse publicando nas redes sociais da plataforma (Facebook e Instagram) vídeos individuais de todos os negocios, comercios e locais de hostalaría que se vaian adherindo ao directorio municipal.

O obxectivo desta campaña é o de mostrar aos consumidores as persoas que están detrás de cada tenda, cafetería, oficina… da vila, para axudar na visibilidade do establecemento a nivel online e permitirlle ter unha carta de presentación en formato audiovisual dentro desta rede impulsada polo Concello.

Rosana, da tenda de roupa de muller Ünika, situada na Rúa da Ponte, é a que estrea esta campaña, sobre a que se publicarán cada semana varios vídeos dos distintos negocios que formen parte de Marín En Rede.

 

Ver esta publicación en Instagram

 

Una publicación compartida de Marín En Rede (@marin.enrede) el

En todas estas pezas, os comerciantes lanzan unha mensaxe de ánimo aos seus compañeiros de sector pero tamén de concienciación de cara á cidadanía, para que apoie ao pequeno comercio e á economía local nun momento de enormes complicacións derivadas da terrible crise sanitaria do Covid19.

En total, o directorio comercial de Marín En Rede, que servirá como unha base de datos municipal para todos os locais do termo municipal, conta xa con 52 establecementos adheridos, tanto do núcleo urbano como de parroquias como Seixo ou Santomé de Piñeiro e de todo tipo de sectores.

O Concello seguirá traballando nas próximas semanas en impulsar máis campañas, así como na aplicación das medidas económicas incluídas no Plan de Reactivación Local.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies