Marín xa ten socorristas, que iniciarán o seu labor nas praias a partir de mañá

Marín xa ten socorristas, que iniciarán o seu labor nas praias a partir de mañá

16 xuño 2021

O Salón de Plenos do Concello acolleu esta mañá a firma de contratación dos 21 socorristas, 2 patróns e da coordinadora que realizarán o seu labor este verán nas praias da nosa vila e que garantirán a seguridade dos usuarios e usuarias.

Cubríronse todos os postos cunha única convocatoria, á que se presentaron 36 aspirantes e que se celebrou na praia de Mogor. Tal e como destacou a concelleira de Turismo, Cristina Acuña, “foi unha convocatoria moi boa. A coordinadora, ademais, xa ten cerca de 7 anos de experiencia traballando nas nosas praias, o que garantirá un bo funcionamento deste servizo esencial”.

Está previsto que ao longo do día de hoxe sexan colocados nos areias os postos de salvamento, que comezarán ocuparse polos socorristas contratados a partir de mañá.

O horario no que estarán os socorristas nos areais será de 12.00 a 20.00 horas e velarán non só pola seguridade dos bañistas, senón tamén polo cumprimento das medidas sanitarias que estean vixentes en cada momento.

Consulta de aforos
Por outra banda, a concelleira adiantou que de cara a principios de xullo porase en marcha de novo a ferramenta online de medición de aforos que se activou o ano pasado para coñecer o nivel de ocupación de cada praia a través dun sistema de semáforos.

Esta información poderá consultarse en tempo real por calquera a través da páxina web do Concello, no móbil, tablet ou ordenador, e tamén poderá consultarse na pantalla LED informativa da Avenida de Ourense.

Cada praia ten o seu propio semáforo con tres niveis (baixo, medio e alto) e un mapa de calor que permite ver por zonas o índice de ocupación. Estes datos son cotexados cos aforos máximos de cada praia, que foron calculados o ano pasado tendo en conta un espazo de 4 metros por cada persoa usuaria do areal.

Anterior Un cadro restaurado e un vídeo para celebrar o 120 aniversario do nacemento de Manuel Torres

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados