O 8M de Marín conta coa súa tradicional viñeta de Davila para visibilizar ás mulleres do sector da alimentación

03 marzo 2021

A conmemoración do 8 de Marzo en Marín quere ser unha data na que “reivindicar a loita histórica da muller por conseguir a igualdade plena e real, mellores condicións laborais, a erradicación da violencia de xénero, a defensa dos seus dereitos e a xustiza social”, tal e como se pode ler no inicio da declaración institucional preparada para os actos deste día.

Debido á situación sanitaria, os actos que normalmente presidían este día non poderán realizarse coma sempre e por iso o Concello prepara dous vídeos que se promocionarán o mesmo día 8 nas redes sociais do Concello, no que serán protagonistas mulleres traballadoras no sector da alimentación, tradicionalmente feminizado e ao que se lle adica este día na vila.

O que si ten este 8M, igual ca todos os anteriores, é a tradicional viñeta do ilustrador Luís Davila, que desta vez emprazou a escena nun supermercado, onde conversan unha clienta e unha traballadora.

A viñeta lucirá nos distintos establecementos da vila grazas a uns vinilos que se repartirán nos vindeiros días.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies