O buzón da Praza de España vaise enchendo de tickets de compra no comercio e hostalaría locais para participar no sorteo de 100 tarxetas regalo

O buzón da Praza de España vaise enchendo de tickets de compra no comercio e hostalaría locais para participar no sorteo de 100 tarxetas regalo

O buzón nos que depositar os tickets de compra no comercio local para poder entrar a participar no sorteo de 100 tarxetas regalo de 50 euros posto en marcha polo Concello xa comeza a encherse.

Os concelleiros Manuel Santos e Marián Sanmartín presentaron a imaxe que levarán as tarxetas que forman parte desta campaña de incentivación directa do consumo lanzada polo Concello e que ten por finalidade “non só axudar á economía local nesta época de maior consumo, como é o Nadal, senón tamén despois, xa que as tarxetas poderán gastarse tamén durante o mes de febreiro, que xa de por si é malo para o sector”, en palabras de Sanmartín.

Estas tarxetas, tal e como se recolle nas bases do sorteo, que poden ser consultadas aquí, poderán ser despois utilizadas en calquer establecemento da vila, a excepción dos supermercados e das farmacias, considerados servizos esenciais que pudieron manter a súa actividade durante o confinamento.

A participación no sorteo é posible por compras superiores que se realicen nestas datas superiores a 30 euros. Poden ser en distintos tickets e en distintos establecementos e pódese participar tantas veces como se desexe, sempre e cando os tickets que se presenten superen ese importe.

Os recibos deben ser depositados no buzón que visitaron os edís, que se atopa na Oficina de Turismo de Praza de España. Detrás de cada ticket ou agrupación de tickets será preciso indicar nome, apelidos e DNI da persoa participante.

O prazo para realizar compras será ata o 16 de xaneiro, este día incluido, e o 18 terá lugar o sorteo na Casa Consistorial ás 12.00 horas. Ao día seguinte publicarase a lista cos nomes das persoas premiadas na páxina web, nas redes sociais e no taboleiro de anuncios do Concello.

As 100 tarxetas regalo poderán ser utilizadas desde a súa entrega ata o 27 de febreiro de 2021 de xeito exclusivo nos comercios, locais e negocios de Marín.

Ademais, as persoas agraciadas serán citadas telefonicamente para a recollida das Tarxetas Regalo na Oficina de Turismo. Esta recollida terá que levarse a cabo entre o 20 e o 21 de xaneiro, en horario de 10.00 a 20.00 horas e aportando o DNI para cotexar os datos.

Anterior A piques de finalizar a obra de renovación urbana no Camiño dos Sapos e na Rúa Coteiros

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados