Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Camiño dos Sapos e o de Coteiros contarán con novo pavimento

O Concello de Marín anunciou unha nova obra de humanización, que consistirá na renovación do pavimento nos Camiños dos Sapos e de Coteiros. Este proxecto forma parte da aposta polo Goberno local de mellorar a mobilidade, a accesibilidade e a seguridade viaria dos veciños no termo municipal, facilitando a convivencia e o goce do espazo público.
Estes dous camiños pertencen á parroquia de Santa María do Porto e verán renovado integramente o seu pavimento e a súa sinalización. A lonxitude aproximada do tramo a renovar é de 242 metros, aos que se deben sumar outros 44 metros dun ramal secundario que tamén será obxecto de renovación.
A actuación está motivada polo mal estado no que se atopa na actualidade o pavimento de ambos camiños, debido ao uso, ao paso do tempo e aos efectos derivados dos fenómenos meteorolóxicos.
Por tanto, tal e como se pode ler na memoria do proxecto, non se verá afectado o actual espazo adicado ao estacionamento. Simplemente, procederase a renovar a sinalización horizontal das prazas existentes, complementándoa con novos elementos de sinalización vertical.
O presuposto base de licitación será, con IVE incluído, de 39.786,80 euros. O Concello informou de que solicitará unha subvención á Consellería de Infraestruturas para poder asumir esta inversión, que consideran de relevancia para este punto da vila.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies