O campo de fútbol da Raña contará cun novo céspede de herba sintética de última xeración

O campo de fútbol da Raña contará cun novo céspede de herba sintética de última xeración

O coidado e o mantemento das instalacións deportivas municipais é unha das prioridades do Goberno local, que aposta polo deporte de base como un gran valor do municipio, así como a capacidade de acoller eventos de importante calado competitivo.
Ademais destes constantes traballos, o Concello tamén traballa na renovación de equipos e de infraestruturas, para poder actualizar os pavillóns da súa propiedade. Dentro desta liña, presentouse hoxe un novo proxecto do que se beneficiará o campo de fútbol da Raña, onde se substituirá o céspede de herba artificial por un sintético de nova xeración, lastrado con arena de sílice e caucho.
O novo manto de céspede permitirá a práctica de fútbol 11 no lado longo do campo e a de fútbol 7 no corto. Incluso poderán xogarse dous partidos desta última modalidade de forma simultánea.
O céspede artificial colocarase sobre a actual base de asfalto existente, nivelando nalgúns puntos a superficie. Ademais, considérase a adaptación de toda a rede de rego existente, ca fin de renovar os canons actuais por outros de tipo emerxente, que se conectarán co resto do sistema de rego.
No que respecta ao equipamento co que xa se conta no campo, reutilizaranse as porterías de fútbol 11 e incorporaranse outras para fútbol 7 que serán pregables, recolléndose na liña da varanda.
A nivel urbanístico, será preciso demoler a grada que se atopa no lado lonxitudinal este do campo e o cerramento da fábrica que separa a instalación deportiva da parcela que linda con ela. O espazo que quedará libre tras o derrube da grada alisarase e pasará a ser parte do céspede. No que respecta á separación ca parcela anexa, executarase un novo muro de contención, a base de formigón armado.
O orzamento de execución de todo este proxecto, co IVE incluído, ascende a 430.455,07 euros.

Anterior A Ruta Montes e Praias celebrará a súa edición máis especial

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados