Contacto | Tel.:986 88 03 00

O CIM impulsa unha campaña de sensibilización polo Día Mundial da Sida

O Concello de Marín, a través do CIM, con motivo da celebración onte do Día Mundial da Sida únese ao chamamento que fixo Onusida para que se aumente a información y visibilidade desta enfermidade, coa fin de que mellore a sensibilización da poboación máis nova con respecto ao uso do preservativo.

O Grupo para a Investigación de ETS/Sida sinala que as enfermidades de transmisión sexual (ETS), incluíndo a SIDA, representan, a nivel mundial, un dos principais retos para a saúde pública.

As mozas e mozos entre 15 e 24 anos representan o 50% das persoas que son diagnosticadas de enfermidades de transmisión sexual (ETS) cada ano, e un 25% porta o virus do papiloma humano. Os factores de risco, entre outros, son a práctica de sexo sen protección, as relacións sexuais a idades máis temperás ou o abuso do alcohol e as drogas.

Con estes datos tan preocupantes como cada ano o concello quere lanzar unha campaña con perspectiva de xénero dirixida á xuventude, co lema “O sexo sempre CON-SENTIDO ”.

O obxectivo é incidir sobre a importancia de levar a cabo prácticas sexuais consentidas, de forma voluntaria e sen obrigación de agradar ou por imposición. O sexo CON- SENTIDO insiste na necesidade de evitar condutas de risco, a través do uso habitual do preservativo, por ser o método de protección máis eficaz.

Por iso, dentro desta campaña foron repartidos hoxe preservativos de forma gratuíta e anónima en diferentes edificios públicos, como o Museo Manuel Torres, a Biblioteca Vidal Pazos, a Casa Consistorial ou o Centro Municipal de Servizos Sociais e CIM, situado na Finca de Briz.

Este material foi doado pola Consellería de Sanidade, Dirección Xeral de Saúde Pública, da Xunta de Galicia, coa que o Concello colabora activamente na distribución de material divulgativo e preventivo.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies