Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello acondiciona o roteiro de sendeirismo do Lago de Castiñeiras

Recentemente iniciáronse no roteiro de sendeirismo do Lago de Castiñeiras o desbroce, acondicionamento, retirada de especies invasoras, como as acacias, e a limpeza das árbores caídas durante os temporais de inverno para ter preparada esta ruta turística de cara á época estival.

Estes traballos, realizados pola empresa H2O Iniciativas no Medio Rural, teñen como propósito fomentar o turismo verde no Concello de Marín, pensado para persoas amantes do sendeirismo e do rural, que teñen nesta ruta unha oportunidade de facer deporte nun ambiente natural e gozar do bo tempo da época estival, sendo esta unha ruta que pode ser utilizado tanto por persoas que veñen a visitarnos como polos nosos veciños.

As obras comezaron pola parte do sendeiro que estaba en peor estado e rematarán nas próximas datas.

 

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies