O Concello aportará máis de 880.000 euros para a construción do Auditorio

27 setembro 2021

A aportación económica do Concello de Marín que se realizará para facer realidade o Auditorio será cercana aos 881.000 euros. O concelleiro de Facenda, Manuel Santos, expuxo esta cantidade nun Pleno extraordinario que acolleu esta mañá o Salón de Plenos.

O custe total do Auditorio será de 4.308.000 euros, unha cantidade algo superior á inicialmente prevista, xa que se implementaron unha serie de melloras no proxecto do edificio socio cultural e porque se incluirá tamén, coa súa construción, unha urbanización que afectará únicamente á zona limítrofe da infraestrutura. O resto da zona da Praza de España será tamén reordenada, pero con outro proxecto diferente, por iso non entra dentro desta partida orzamentaria.

Deses 4.308.000 euros, cerca de 881.000 euros serán aportados, para o que se solicitará o contrato dun préstamo, tal e como se aprobou de xeito unánime no Pleno desta mañá, co voto favorable de todos os partidos da Corporación.

O groso da inversión procede de dúas fontes. Por unha banda, dos fondos europeos da estratexia Marín Dusi, cofinanciada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional da Unión Europea e da que se destinarán 1.427.653 euros para o Auditorio. Por outra banda, está a colaboración económica da Xunta de Galicia, que aportará 2.000.000 de euros.

O próximo Pleno ordinario, que terá lugar o 14 de outubro, incorporará como punto a aprobación definitiva do proxecto e dos pregos, para poder continuar avanzando no traxecto burocrático cara a licitación das obras.

O Goberno local quixo agradecer o voto favorable de todos os grupos da oposición, PSOE e BNG, ao contrato do préstamo para asumir o custe propio e seguir así avanzando na construción do demandado Auditorio.

Aprobación definitiva do Orzamento municipal

A maiores, o Pleno extraordinario desta mañá deu luz verde definitiva ao Orzamento municipal, ao que se presentaron dúas alegacións. Ambas foron desestimadas polos servizos técnicos do Concello, polo que xa foi posible aprobar de xeito oficial o documento financeiro, que xa se aprobara inicialmente no Pleno de agosto.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies