O Concello asegura que as pistas de skate se manterán na contorna da Praza de España

O Concello asegura que as pistas de skate se manterán na contorna da Praza de España

11 xaneiro 2021

O Concello aclarou que o proxecto de construción do Auditorio e a súa reurbanización non suporá a desaparición das pistas de skate que se atopan a día de hoxe nese espazo.

Fontes de Goberno local explicaron que no momento que se realice o proxecto de reurbanización de toda esa zona, buscarase a ubicación máis axeitada dentro da contorna da Praza de España para este espazo tan utilizado pola mocidade de Marín.

De feito, o Goberno local é consciente de que os elementos actuais “precisan dunha renovación”, que se estudará aproveitando o proxecto urbano que está prantexado para a Praza de España.

A práctica de deportes urbanos nas pistas é moi común e na vila marinense conta, ademais destas instalacións, con outras pistas no Parque Azul de Cantodarea.

 

Anterior O Concello chega a un acordo de cesión co INVIED e consegue cerca de 30 novas prazas de aparcadoiro para a Barriada Virxe do Carme

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados