O Concello colabora cos centros educativos con sinalización horizontal para facilitar as entradas e saídas

O Concello colabora cos centros educativos con sinalización horizontal para facilitar as entradas e saídas

A brigada de Obras do Concello de Marín rematou esta mañá unha serie de actuacións na contorna do colexio de Seixo, consistentes na reparación de marxes e cunetas, que permitirá evitar situacións de perigo e de incomodidade na chegada dos rapaces ao centro educativo.

Esta actuación é a última dunha batería de diferentes traballos que se veñen realizando nos centros, algúns con obxectivo de poder axudar aos colexios a adecuarse ás novas esixencias enmarcadas na situación sanitaria que estamos a atravesar por mor da Covid19.

Dentro delas, ademais da recentemente rematada en Seixo, destacan a habilitación dun novo paso de peóns na Rúa Camiño Vello do Cemiterio, demandado polo IES Illa de Tambo, para facilitar unha das entradas extra que tiveron que habilitar de tal xeito que se poida reorganizar o fluxo de alumnado que acode diariamente ás instalacións.

Por outra banda, e tamén por petición do IES Mestre Landín, leváronse a cabo traballos de pintado e sinalización, que tamén serán aproveitados polo equipo directivo para organizar con maior seguridade e facilidade as entradas e saídas ao instituto.

Con todas estas actuacións “damos resposta ás demandas que van xurdindo por parte dos centros, colaborando con eles en todo momento para que poidan organizar e coordinar este curso, que ten dificultades engadidas debido á situación sanitaria”, afirman fontes municipais.

Anterior A Biblioteca acollerá un concerto literario para nenos e adultos para descubrir a obra de Calero e Fraguas

WEBS ASOCIADAS

CONTACTO

Avda. Ourense s/n

2022 Concello de Marín. Todos los derechos reservados