Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello de Marín e a Seguridade Social chegan a un acordo para axilizar os trámites para a petición do Ingreso Mínimo Vital

O Concello de Marín e a Seguridade Social chegaron a un acordo para o cruce de datos entre ambas institucións no caso dos certificados de empadroamento co fin de aforrar trámites burocráticos aos solicitantes do Ingreso Mínimo Vital.

Ata agora, os solicitantes debían acudir ao Concello para a expedición do certificado de empadroamento que logo tiña que ser presentado nas oficinas da Seguridade Social.

Con este acordo, a Seguridade Social e o Concello de Marín cruzan os datos sobre o empadroamento sendo o ente local quen envíe estes datos á administración central daquelas persoas solicitantes do Ingreso Mínimo Vital.

Esta medida vai dirixida a aforrar os trámites necesarios para a solicitude deste Ingreso Mínimo Vital, evitando que os potenciais beneficiarios desta axuda acudan ao Concello a tramitar o certificado de empadroamento sendo o ente local quen o expida directamente.

 

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies