Contacto | Tel.:986 88 03 00

O Concello decide suspender este ano os campamentos de conciliación de verán no Concello

O Concello de Marín informa de que, finalmente, este verán non se celebrarán os campamentos de conciliación que ano tras ano o Goberno local ofrece para os nenos e nenas da vila. Así o declarou esta mañá a concelleira de Benestar Social, Marián Sanmartín, que entende que “é a mellor decisión que podemos tomar dadas as circunstancias, especialmente agora que xa sabemos que os nenos e nenas non volverán á escola este ano e que incluso se plantexa un escenario diferente do habitual para o inicio do curso en setembro”.

Esta oferta lúdica ten como obxectivo axudar ás familias da vila a conciliar o seu tempo cando a rapazada non ten colexio, organizando actividades de ocio no espazo urbano. Así a todo, o Concello considera que neste ano sería “moi complicado garantir todas as medidas que temos que cumprir estritamente a nivel de distancia física e hixiene constante, polo que é necesario previr posibles contaxios”.

Uso de cookies

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información.

ACEPTAR
Aviso de cookies